ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaDeportesPolítica

Máis de sesenta deportistas abren en Rois a temporada da Liga Galega de Mushing

Líder Redacción

Líder Redacción

18 de noviembre de 2024 a las 19:14

Compartir
  • Jacobo Corbacho, en canicros, Ismael Fernández, en bikejoring, e Noelia Pérez e Roberto Salvado, en patin, foron os primeiros en cruzar a liña de meta na Peruca
  • Na categoría feminina as gañadoras foron Catarina Triñades e Noelia Piñeiro

18-11-2024. Rois. Con éxito de participación e de público celebrouse este domingo, 17 de novembro, a oitava edición do Mushing Montes de Rois, proba coa que se abriu nesta temporada a Liga Galega de bikejoring, patín e canicross e na que competiron máis de sesenta deportistas na compaña dos seus cans.

O VIII Mushing Montes de Rois, organizado e deseñado pola asociación Acade e incluída no calendario da Federación Galega de Deportes de Inverno, tivo saída e chegada na Peruca e contou cun fermoso e aplaudido itinerario de 3,8 quilómetros que atravesou as comunidades de montes da Pena, de Corne e de Seaxe.

En canicroos, na categoría absoluta masculina, gañou Jacobo Corbacho (Valor), seguido de Óscar Piñeiro e Eloy Suárez (Kennel Den). Na categoría feminina o primeiro posto foi para Catarina Triñanes Tedin (Kennel Den), foi segunda Mónica Touriño (Kennel Den) e terceira Julia Salvado (Acade). Entre os veteráns, o máis rápido foi Gumersindo Martínez Redondo (Kennel Den) seguido de José Antonio Piñeiro (Acade) e de Camilo Fernández (Canicross Zarkokan).Ademais, en alevín, venceu Paula Otero García, do club Acade.

En bikejoring o primeiro en cruzar a liña de meta en Rois na categoría absoluta masculina foi Ismael Fernández Diaz (Acade) por diante de Cristian Martínez (Kennel Den) e de Santiago Santiago (Canicross Pontevedra). Entre as mulleres a mellor foi Noelia Piñeiro, seguida de Mónica Touriño e de Iris Vidal, todas do club Kennel Den. Pola súa banda, Marcos Ledo (Acade) impúxose na categoría de veteráns con Roberto Valverde (Kennel Den) como segundo e Santiago Rodríguez (Acade), terceiro.

Na modalidade patin, cun can, liderou a proba Noelia Piñeiro Pérez (Kennel Den) por diante de Ángel Lira (Canicross Zarkokan) e de Susana Pérez (Balto Mushing Team); con dous cans o primero posto foi para Roberto Salvado Tejedor (Acade), con Óscar Piñeiro (Kennel Den) segundo e Gumersindo Martínez (Kenne Den), terceiro. Na categoría júnior o máis rápido foi Azeb Touriño Martínez (Kennel Den) por diante de Antía Valverde (Kennel Den).

O Mushing Montes de Rois contou coa representación dos deportistas locais Albino Mayán e Santiago Vidal na modalidade bikejoring.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Entregaron os trofeos o alcalde de Rois, Ramón Tojo, e o concelleiro de Deportes, José Luis Ares.

Etiquetas

dpeortesmushingrois
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

La Guardia Civil interviene cientos de dosis de heroína y miles de marihuana en Rois
Actualidad

La Guardia Civil interviene cientos de dosis de heroína y miles de marihuana en Rois

Padrón, Rois e Dodro súmanse á campaña ‘Merca no teu Comercio’
Comarca

Padrón, Rois e Dodro súmanse á campaña ‘Merca no teu Comercio’

A veciñanza maior de Rois goza dunha viaxe a Mallorca
Comarca

A veciñanza maior de Rois goza dunha viaxe a Mallorca

Rois asina un convenio coa RAG e SX da Lingua para elaborar o Mapa sociolingüístico escolar municipal
Comarca

Rois asina un convenio coa RAG e SX da Lingua para elaborar o Mapa sociolingüístico escolar municipal