ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Sin Categoría

Macroactuación no Monte do Gozo con medio millar de amantes do rock de Galicia

Líder Redacción

Líder Redacción

17 de septiembre de 2025 a las 22:18

Compartir
  • O Coro Infantil San Roque A Paz e o CMUS Reberiano Soutullo de Ponteareas uniranse nesta cita multitudinaria que reunirá á vez no escenario ata 140 músicos, 60 coristas e 300 artistas ao mesmo son
  • Interpretaranse catro versións en galego de AC/DC, Bob Seger, Coldplay e Twisted Sister, adaptacións para as que se prepararon máis de 200 partituras de instrumentos clásicos e de rock

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2025.- Máis de medio millar de afeccionados do rock galego achegaranse o domingo 28 ata o Monte do Gozo para participar na Macroactuación que porá, como cada ano, o broche de ouro a Go!Go!Zo! A cita tiña prevista a súa celebración este domingo 21, pero finalmente foi adiada por mor da previsión meteorolóxica. A presentación deste xa clásico concerto tivo lugar esta mañá na praza central do complexo do Monte do Gozo, e contou coa presenza do Secretario Xeral da Lingua, Valentín García; a directora de Promoción de Turismo de Galicia, Carmen Pita; o representante da organización do evento, Julio Asorey; e o fundador da Casa do Rock, Adrián Hernández.

Na súa intervención, Valentín García subliñou que tanto o ciclo de Novas Músicas en Galego como a iniciativa da Macroactuación “danlle á lingua o recoñecemento que merece, maximizando o talento emerxente de Galicia e en galego”. Pola súa parte,

Carmen Pita parabenizou os organizadores e celebrou a súa ambición por querer superar o éxito de asistencia do ano pasado abranguendo, para esta ocasión, a máis participantes, estilos musicais e instrumentos, “unha proposta innovadora e aberta a todos os públicos que medra ano tras ano”.

De feito, esta apertura é unha das novidades nesta Macroactuación que se prevé máis multitudinaria ca nunca, co Coro Infantil San Roque A Paz e o CMUS Reberiano Soutullo de Ponteareas entre as filas. Para Santiago Barreira Davila, director da banda doconservatorio, “é unha oportunidade para abordar un repertorio musical diferente ao que facemos normalmente”. Coincidindo con el, o responsable da coral Rafael Pérez Dopeso salientou “a emoción que teñen os rapaces de poder gozar dun evento deste nivel, unha actividade enriquecedora e divertida para achegarse máis a outras sonoridades”.

En total, máis de 500 persoas uniranse a esta cita que, por primeira vez, congregará enriba do escenario a 140 músicos, 60 coristas e 300 artistas tocando ao mesmo son, “un fito que nunca se deu en Galicia”, asegurou Asorey. Interpretaranse catro versións en galego dos éxitos de AC/DC, Bob Seger, Coldplay e Twisted Sister. “Dalle gas”, “Aquel vello rock&roll”, “Viva a vida” e “Non aturaremos unha máis” resoaran en Santiago de Compostela nunha mestura sonora única de violíns e guitarras eléctricas que xa se converteu nun selo moi propio desta celebración.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Finalmente, Adrián Hernández amosou como se desenvolverá o Día D de Go!Go!Zo! Será o domingo 28 a partir das 16:00 horas cando comece o espectáculo: “Interpretaremos grandes cancións, facendo alusións á nosa cultura propia e, sobre todo, será unha declaración de amor polo rock&roll”, e seguiu: “Aínda é posible inscribirse”. Todo aquel que queira participar cun instrumento aínda pode rexistrarse na páxina oficial da Casa do Rock e descargar as partituras: https://acasadorock.com/macroactuacion-21-setembro- 2025/

Etiquetas

festivalGo!Go!Zo!monte do gozrockSantiago de Compostela
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.