ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadNoticia LíderSociedad

A cesureña María José Lorenzo presenta o seu libro sobre Ruphert, o peluqueiro das estrelas

A periodista e escritora regresa á súa localidade natal para presentar unha obra que repasa a traxectoria e as confidencias de Ruphert, considerado por Federico Fellini como “o mellor peluqueiro do mundo” e por cuxas mans pasaron figuras como Rocío Jurado, Lola Flores, Sara Montiel ou a duquesa de Alba

Líder Redacción

Líder Redacción

4 de junio de 2026 a las 17:33

Compartir

A Biblioteca Municipal de Pontecesures acolle este xoves, 4 de xuño, ás 20:00 horas, a presentación de “Ruphert, te necesito”, o novo libro da periodista e escritora María José Lorenzo. A autora volve así á súa terra natal tras presentar a obra en Madrid para achegar ao público a historia dunha das figuras máis coñecidas da peluquría española e da crónica social das últimas décadas.

O libro recorre a vida de Ruphert, nome artístico de Ruperto Murillo Ortega, falecido en febreiro de 2025. Considerado por Federico Fellini como “o mellor peluqueiro do mundo”, revolucionou a peluquría en España e converteuse nunha figura habitual da alta sociedade e do mundo do espectáculo. Polas súas mans pasaron artistas como Rocío Jurado, Lola Flores ou Sara Montiel, ademais de numerosas personalidades que marcaron unha época.

Durante unha entrevista en Radio Líder Santiago, María José Lorenzo explicou que a publicación desta obra foi un proxecto que ambos compartían dende hai anos. De feito, lembrou que durante a presentación de “Zapatones, o peregrino eterno” na Casa de Galicia de Madrid, en 2024, o propio Ruphert anunciou públicamente que ela sería a encargada de escribir as súas memorias. A autora revelou ademais que, tras moitas horas de conversas e gravacións, algunhas das confidencias que lle transmitiu nunca verán a luz porque así se o pediu o propio peluqueiro.

De un orixe humilde á cima da peluquría

Un dos aspectos que máis impresionou á escritora foi a capacidade de superación de Ruphert. Sendo apenas un adolescente deixou a súa localidade natal para trasladarse a Madrid co obxectivo de converterse en peluqueiro.

Segundo relatou Lorenzo, un dos momentos decisivos da súa carreira chegou na peluquría de Sara Di Stéfano, esposa de Alfredo Di Stéfano. A inauguración do salón reuniu a numerosas personalidades da época, entre elas Lola Flores e Carmen Sevilla. “Ao día seguinte o que saía nos periódicos era Rupert como a gran estrela da peluquría”, lembrou a autora, explicando como aquel episodio supuxo o inicio dunha traxectoria profesional extraordinaria.

Historias descoñecidas e grandes nomes

A obra reúne anécdotas, recordos e episodios protagonizados por algunhas das figuras máis coñecidas da sociedade española. Entre elas aparecen nomes como Bibiana Fernández, Isabel Sartorius, Rocío Jurado, a duquesa de Alba ou Pedro Carrasco. Precisamente, unha das revelacións que máis sorprendiu a María José Lorenzo foi descubrir que Pedro Carrasco foi o amor platónico de Ruphert, unha historia que ocupa un lugar destacado no libro.

A autora tamén lembrou durante a entrevista a estreita relación que mantivo coa duquesa de Alba e avanzou que os lectores poderán atopar episodios relacionados con Grace Kelly e Jacqueline Kennedy, dúas mulleres ás que Ruphert tivo a oportunidade de coñecer e que tamén forman parte desta historia.

Máis alá dos nomes coñecidos, Lorenzo asegurou que o libro permite descubrir a unha persoa moi distinta da imaxe pública que moitos conservan. “Cando ti rabuñabas un pouco no corazón, aí había un neno que non medrou”, afirmou ao lembrar a un home xeneroso, espiritual e moi volcado coas persoas que quería.

Unha homenaxe a un amigo

A presentación desta tarde contará coa participación do xornalista José Antonio Pérez, coñecido como “Pepe Naya”, e da peluqeira Rosa Fernández.

Para María José Lorenzo, a publicación de “Ruphert, te necesito” supón tamén unha homenaxe a unha persoa coa que compartiu anos de amizade e confidencias. Preguntada polo que pensaría o peluqueiro desta presentación en Pontecesures, a autora non tivo dúbidas: “A Rupert gustáballe ser famoso, gustáballe a popularidade”, lembrou entre sorrisos, convencida de que o peluqueiro das estrelas estaría feliz vendo como a súa historia segue viva a través deste libro.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Etiquetas

María José LorenzoMaria José Lorenzo RuphertpontecesuresRuphert
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Tres detenidos por una decena de robos de aluminio en el entorno de Padrón y Pontecesures
Sucesos

Tres detenidos por una decena de robos de aluminio en el entorno de Padrón y Pontecesures

O BNG ‘apaga’ Pontecesures: “O PP recuperará a lamprea, impulsará o polígono e mellorará servizos»
Comarca

O BNG ‘apaga’ Pontecesures: “O PP recuperará a lamprea, impulsará o polígono e mellorará servizos»

Pontecesures, berce dos últimos cereiros galegos: «Quero crear un museo da cera no Camiño»
Actualidad

Pontecesures, berce dos últimos cereiros galegos: «Quero crear un museo da cera no Camiño»

O BNG advirte do impacto de Altri no abastecemento en dez concellos que atende a ETAP de Padrón
Actualidad

O BNG advirte do impacto de Altri no abastecemento en dez concellos que atende a ETAP de Padrón