ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaPolítica

Lousame aproba unha suba de 40 euros anuais na taxa do lixo a partir de 2026

A actualización permitirá cubrir o déficit nas cotas que se arrastra dende 2023 coa Mancomunidade Serra do Barbanza, toda vez que as de 2024 foron recorridas xudicialmente polo Concello de Lousame

Líder Redacción

Líder Redacción

7 de noviembre de 2025 a las 17:04

Compartir

7 de novembro de 2025.- O Concello de Lousame celebrou na noite de onte xoves un pleno extraordinario e urxente para aprobar unha actualización da taxa de residuos por prestación do servizo de recollida, transporte e tratamento de residuos sólidos urbanos municipais. Unha aprobación que se realiza un día despois da celebración da Asemblea da Mancomunidade Serra do Barbanza, na que se aprobaron os orzamentos de 2025, e coa intención de que poida entrar en vigor o 1 de xaneiro de 2026.

O alcalde de Lousame, Esteban Ares García, explicou que “arrastramos un déficit sobre a liquidación anterior de 2023, que foi de 164.000 euros, e o recadado pola taxa do lixo non chegaba a cubrir esta cantidade”. Así mesmo, lembrou que o Concello de Lousame ten recorridas xudicialmente as cotas de 2024 aplicadas pola Mancomunidade Serra do Barbanza, ao considerar que están baseadas en criterios non recollidos nos estatutos da entidade, e que o propio Esteban Ares votou en contra das novas cotas de 2025 na xunta directiva da Mancomunidade celebrada o 28 de outubro, xa que non se acreditou a procedencia do incremento dos gastos imputados ao servizo.

Porén, Ares García sinalou que “non é agradable para alguén que asumiu a alcaldía hai un mes ter que aprobar esta medida, pero a lei é a lei e temos que paliar esa parte que non se cubre coas cotas de 2023 para que o custe do servizo poida ser cuberto coas taxas”. Unha decisión que foi respaldada por todos os grupos municipais. Na práctica, isto suporá unha actualización de 40 euros por vivenda no ano 2026, que se traducirá en 20 euros máis en cada un dos dous recibos nos que esta dividido esta taxa.

Así mesmo, o alcalde de Lousame adiantou que “estamos traballando nos Orzamentos de 2026 e a nosa intención é traelos a Pleno en breve para que poidan entrar en vigor ao longo do mes de xaneiro”.

Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.