ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Actualidad

Os Enxeñeiros Industriais entregan este venres os Premios de Industria e Enerxía de Galicia 2026

Líder Redacción

Líder Redacción

4 de junio de 2026 a las 15:13

Compartir
  • O Ilustre Colexio de Enxeñeiros Industriais de Galicia e a AIIGentregan mañá os galardóns que recoñecen a excelencia industrial, enerxética e medioambiental en Galicia na Gala da Industria e Enerxía de Galicia, en Santiago de Compostela
  • Estrella Galicia, Voltfer, Aluminios Cortizo, XEAL e Litosoil, entre os galardoados desta edición
  • A gala reunirá no Auditorio Abanca a representantes institucionais, empresas líderes e profesionais de referencia do sector industrial e enerxético galego

A Coruña, 4 de xuño de 2026. O Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia (ICOIIG) e a Asociación de Enxeñeiros Industriais de Galicia (AIIG) celebrarán mañá venres 5 de xuño a Gala da Industria e Enerxía de Galicia 2026, un encontro que recoñecerá ás empresas, entidades e profesionais que destacan pola súa contribución ao desenvolvemento industrial, enerxético e medioambiental de Galicia.

Durante o acto entregaranse os Premios de Industria e Enerxía de Galicia 2026, cuxos máximos recoñecementos recaeron en Estrella Galicia, pola súa nova fábrica en Arteixo; Voltfer, por un proxecto de autoconsumo fotovoltaico industrial en Porriño; Aluminios Cortizo, polo seu Campus Tecnolóxico de Padrón; XEAL, pola modernización da Central Hidroeléctrica de Fervenza; e Litosoil, polo seu innovador sistema de valorización de solos contaminados.

Así mesmo, recoñecerase a traxectoria profesional de José Luis Alonso Mosquera, director de Stellantis Vigo, e entregaranse os Premios de Seguridade Industrial á Axencia de Turismo de Galicia e a Talleres Marcos Gómez, S.L.

A gala contará coa participación de destacados representantes institucionais, entre eles Julio García Cordonié, decano do ICOIIG e presidente da AIIG, o secretario xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético da Xunta de Galicia, Nicolás Vázquez Iglesias; a directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, Margarita Ardao Rodríguez; o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco Lobeiras; representantes da Deputación da Coruña, así como responsables do ICOIIG e da AIIG, como Rocío Lourenco Presa, delegada do ICOIIG en Santiago, xunto a directivos das empresas galardoadas e representantes do tecido industrial e enerxético galego.

Etiquetas

Enxeñeiros IndustriaisPremios de Industria y Energía de Galicia
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.