Leticia Sabater actuará neste municipio da comarca de Santiago xunto a outros artistas
O Campo da Festa de Calo, no concello de Teo, converterase o venres 26 de decembro no epicentro da diversión coa chegada do Eskalo Fest, o evento que promete poñer ritmo e moita festa á recta final do ano.
Líder Redacción
19 de octubre de 2025 a las 21:26
A cita, organizada pola Comisión de Festas de Calo, reunirá a artistas de primeiro nivel como Leticia Sabater, a orquestra Olympus, DJ Magán, Kike Varela, DJ SØN1C, o grupo Los Coleguitas de Venezuela e o colectivo CDC. Un cartel pensado para todos os públicos que mestura música en directo, sesións de DJ e moita enerxía sobre o escenario.

Baixo o lema “Ven celebrar connosco o pre fin de ano e adianta as badaladas como se fose o 31!”, o Eskalo Fest propón unha noite chea de boas vibras, brindes e baile sen descanso.
O evento contará cunha carpa climatizada e servizo de barra, garantindo comodidade e festa independentemente do tempo. As entradas teñen un prezo de 10 euros anticipadas e 15 euros en taquilla.
Desde a organización animan a non perder esta cita única: “Non deixes que cho conten, vive a experiencia!”, sinalan.