ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadPolítica

Lestegás leva a Nantes a estratexia de cidade que promove o goberno compostelán

28/06/2024 Defende a protección do comercio de proximidade, clave no obxectivo de garantir o uso residencial da cidade.

Líder Redacción

Líder Redacción

28 de junio de 2024 a las 21:33

Foto de familia dos asistentes

Compartir

O concelleiro de Urbanismo, Iago Lestegás, participou na cidade de Nantes (Francia) na xuntanza de gobernos das cidades nas que están as universidades socias de EuniWell, incluída a Universidade de Santiago de Compostela. A reunión tivo como tema o ‘Benestar na cidade’, de maneira que o tamén responsable de políticas de Vivenda e Cidade Histórica puido internacionalizar a estratexia de cidade que promove o goberno compostelán.

Na súa intervención, Lestegás presentou as últimas decisións do goberno local, como a suspensión cautelar de licenzas e comunicacións previas para determinados establecementos vencellados ao turismo, co fin de poder facer un estudo dos eixos comerciais e desenvolver unha modificación do planeamento na cidade histórica.

«O sobreturismo tamén ten un impacto significativo na diversidade comercial, especialmente no centro histórico, onde os establecementos están cada vez máis orientados ao turismo mentres a comunidade local ten dificultades para atopar lugares onde mercar alimentos e outros produtos básicos a prezos razoables», esgrimiu o concelleiro de Urbanismo.

Neste sentido, fiou con que a homoxeneización do comercio en certos espazos da cidade histórico e a concentración e proliferación de determinadas actividades en determinadas zonas da cidade histórica «poñen en risco a identidade urbana de Santiago» e «moita xente sente que a cidade está perdendo a súa esencia, o seu significado, o seu valor e a súa autenticidade».

Iago Lestegás explicou que o goberno local decidiu utilizar o urbanismo como «ferramenta para garantir a diversidade do comercio e para protexer as necesidades básicas da poboación local, o que supón fomentar o benestar na cidade».

«Non poderemos resolver todos os grandes retos aos que nos enfrontamos só a través da planificación urbana, pero creo que é unha ferramenta útil e poderosa para fomentar o benestar e protexer a identidade urbana», enfatizou.

EUniWell

EUniWell, a Universidade Europea do Benestar, é unha das 50 Alianzas Universitarias Europeas, seleccionada para recibir financiamento da Comisión Europea no marco do programa ERASMUS+ en 2020. En xaneiro de 2023 a USC integrouse nesta rede da que forman parte na actualidade once institución europeas.

A Alianza constituíuse en resposta á invitación do Consello da Unión Europea para que os Estados membros persigan un enfoque horizontal, intersectorial e baseado no coñecemento para avanzar na ‘economía do benestar’, unha conexión equilibrada entre a sociedade, a ciencia e o medio ambiente que conduza a un maior benestar en todas estas dimensións.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Deste xeito, a misión principal de EUniWell consiste en comprender, mellorar, medir e reequilibrar o benestar das persoas individuais, das nosas propias comunidades e da sociedade no seu conxunto, baseándose nunha serie de valores comúns: democracia, inclusión, diversidade, investigación, inter- e transdisciplinariedade, emprendemento e co-creación.

Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.