ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadComarcaComercio

Karbonius, un exemplo do talento emprendedor existente en Ames

 

Líder Redacción

Líder Redacción

1 de abril de 2024 a las 21:33

Compartir

 

 

O alcalde de Ames, Blas García, e a concelleira de Promoción Económica, Ana Paz, visitan Karbonius Composites Technologies, unha empresa referente nos traballo en fibra de carbono con sede no Milladoiro e proxección internacional

David Segade, xerente de Karbonius: “Non hai receita máxica. Temos un persoal comprometido e capaz, ofrecemos unha atención personalizada e realizamos un traballo de máxima calidade”

Alcalde de Ames, Blas García: “Durante este mandato traballaremos para xerar sinerxias entre as empresas do concello para fomentar un crecemento en conxunto”

Ames, 1 de abril de 2024.- O alcalde de Ames, Blas García, visitou xunto á concelleira de Promoción Económica, Ana Paz, a empresa Karbonius Composites Technologies, unha empresa punteira no sector do traballo da fibra de carbono con proxección internacional e sede no Milladoiro. Foron acompañados do dono e fundador, David Segade, que comezou este proxecto no taller da súa casa no ano 2008. Pretenden duplicar as instalacións no concello e para elo teñen prevista unha forte inversión nos próximos tres anos en instalacións, equipamento e persoal.

A día de hoxe Karbonius é unha empresa referente nos traballos con fibra de carbono e goza dunha gran reputación a nivel nacional e internacional, con gran presenza en mercados como o inglés, o americano e o alemán e especializada en sectores como o automobilístico ou o náutico. Actualmente está situada no parque empresarial do Novo Milladoiro, nunhas instalacións de 1000 metros cadrados equipadas con tecnoloxía de última xeración para un deseño, fabricación e acabado de máxima calidade.

David Segade deu as claves do rápido crecemento de Karbonius, que no ano 2008 operaba no seu propio garaxe: “Non hai receita máxica. Temos un persoal comprometido e capaz, ofrecemos unha atención personalizada e realizamos un traballo de máxima calidade”.

García e Paz visitaron as instalacións invitados por Segade e deron a coñecer a súa intención de organizar xuntanzas entre as empresas de Ames para crear sinerxias que permitan un crecemento conxunto do tecido empresaria amesán. O alcalde pola súa parte eloxiou o rápido crecemento de Karbonius e cualificou a empresa como “a mostra perfecta do talento existente en Ames”.

Visita á fábrica

O xerente acompañou ao alcalde e á concelleira durante a visita ás instalacións e explicoulle todo o proceso que seguen na empresa dende a conservación da fibra de carbono nunha cámara frigorífica ata a entrega final do produto elaborado, aínda que o traballo comeza coa análise das necesidades do cliente, a análise estrutural e a fabricación do molde.

Unha vez deseñado e feito o molde procédese á selección da fibra óptima para a peza, que é producida na mesa de corte. Posteriormente procédese coa fase de laminado, que consiste na adaptación e o asentamento das capas de fibra de carbono ao molde, que será introducido a continuación nunha bolsa para a retirada do aire, que provocará que se compacten as capas.

A continuación estas son introducidas no autoclave e sometidas a un proceso de curado baixo presión a 125 graos, o que fará que estas gocen de resistencia. Unha vez enfríado o molde, retirarase a peza con coidado. Finalmente a peza resultante será recortada para eliminar o material sobrante e recibirá un lixado, barnizado e pulido como proceso de acabado final.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Dende a xerencia da empresa apuntan a que pretenden duplicar as instalacións no concello e para elo teñen prevista unha forte inversión nos próximos tres anos entre instalacións, equipamento e persoal.

Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.