Josefina Lago, veciña de Rois, cumpre 101 anos
O rexedor entregoulle un retrato, un ramo de flores e unha felicitación como agasallo
Líder Redacción
21 de mayo de 2024 a las 21:00
Rois. 21-05-2024. O alcalde de Rois, Ramón Tojo Lens, felicitou a Josefina Lago Rey polo seu 101 aniversario nunha visita na que comprobou o bo estado de saúde e o bo humor desta veciña de Macedos, na parroquia de Urdilde.
Josefina, que cumpriu anos o 2 de maio, recibiu como agasallo por parte do Concello un retrato, un ramo de flores e unha agarimosa felicitación.