ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadSociedad

José Balboa deixa a presidencia de Dano Cerebral Santiago despois de 25 anos

 

Líder Redacción

Líder Redacción

31 de marzo de 2025 a las 15:56

Nova Xunta directiva de Sarela

Compartir

Na tarde do venres 28 celebráronse as asembleas xerais ordinaria e extraordinaria da asociación Dano Cerebral Santiago de Compostela nas que, entre outros asuntos, se elixiu nova xunta directiva e se aprobaron as contas de 2024, o orzamento para 2025 así como o IV Plan estratéxico e o plan de actuación para este ano. Luciano Fernández foi elixido novo presidente da asociación tomando o relevo de José Balboa, quen foi fundador da entidade e presidente durante 25 anos.

José Balboa foi unha das persoas fundadoras de Sarela, a Asociación de Dano Cerebral de Compostela, en decembro de 2000. Este grupo de familias fundadoras autoorganizáronse co xusto propósito de acadar a atención que os seus familiares (fillos/as, esposas e maridos, pais e nais etc) non recibían nun sistema público claramente insuficiente e onde o dano cerebral adquirido non era recoñecido e unha discapacidade esquecida.

Nas palabras de despedida na asemblea de socias/os, José Balboa agradeceu a traballo de todas as persoas e familias que o acompañaron nestes anos e que permitiu que Sarela crecera até ter hoxe un centro onde se presta a mellor atención e que xa está a ser ampliado. Tamén recoñeceu o compromiso e entrega de profesionais como Rocío Garcia, directora da asociación desde o inicio e de Miguel Anxo García (psicólogo clínico no Hospital Clínico de Santiago).

Pola súa banda Luciano Fernández, o novo presidente, agradeceu a entrega de José Balboa á asociación quen antepuxo o ben común de todas ás persoas e familias con dano cerebral ata conseguir unha entidade de referencia en todo o Estado.

Nova Xunta directiva

Tras a asemblea de persoas socias a nova Xunta directiva da asociación está formada polas seguintes persoas, entre as que hai familiares e persoas con dano cerebral adquirido.

Presidente: Luciano Fernández Pintor.

Vicepresidenta: Concepción Otero Sigüeiro.

Tesoureiro: Carlos Nieto González.

Secretaria: Noelia López Álvarez.

Vogais:

  • Asunción Prieto Iglesias.
  • Montserrat Terceiro Rey.
  • Enrique Martínez Parajó.
  • Begoña Souto Carrera.
  • Nadia Abdulkadir Rodríguez.

Outros asuntos tratados

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Na asemblea ordinaria, celebrada previamente á extraordinaria de elección de Xunta directiva, os temas tratados foron a aprobación das contas e memoria de actividades do exercicio pasado, a aprobación do orzamento e do plan de actuación para o ano en curso, a aprobación do Plan estratéxico da entidade para o período 2025-2028 así como analizar a conmemoración do 25 aniversario da entidade.

Etiquetas

Dano Cerebral Santiago
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Foliada para conmemorar o 25 aniversario da asociación Dano Cerebral Santiago
Actualidad

Foliada para conmemorar o 25 aniversario da asociación Dano Cerebral Santiago