ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaPolítica

Investiranse máis de 245.000€ na mellora do edificio da Escola Municipal de Música de Ames

O obxecto de dita actuación é realizar diversas melloras no edificio que emprega o alumnado da Escola Municipal de Música de Ames, situado na urbanización de Aldea Nova. Tamén se vai acondicionar unha estancia para a Agrupación de Protección Civil de Ames. Este edificio foi construído en 1996. As obras consisten na substitución do material de cubrición da cuberta e a adecuación dunha estancia existente para uso do espazo para os voluntarios/as de Protección Civil

Líder Redacción

Líder Redacción

21 de abril de 2025 a las 18:50

Compartir

O concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Gustavo Nieto, explica que “a cuberta quedará preparada para a creación dunha futura comunidade enerxética na urbanización de Aldea Nova. Dentro deste mesmo proxecto tamén se recolle a rehabilitación da vivenda, que adquiriu o Concello en Aldea Nova, para o persoal da Agrupación de voluntarios/as de Protección Civil de Ames”

Ames, 21 de abril de 2025.- A Xunta de Goberno Local vén de aprobar a adxudicación das obras de mellora do edificio da Escola Municipal de Música de Ames. As obras contemplan actuacións de substitución e mellora da cuberta do edificio e maila adecuación dunha estancia para as dependencias do persoal da Agrupación de Protección Civil no citado edificio. Ditas obras foron adxudicadas á empresa Construcciones D. Ogando SL por un importe de 245.302,01 euros (IVE incluído). Dita actuación está incluída na segunda fase do POS+ Adicional. Este proxecto foi aprobado no pleno ordinario do mes de xullo de 2024.

O obxecto de dita actuación é realizar diversas melloras no edificio que emprega o alumnado da Escola Municipal de Música de Ames, situado na urbanización de Aldea Nova. Tamén se vai acondicionar unha estancia para a Agrupación de Protección Civil de Ames. Este edificio foi construído en 1996. As obras consisten na substitución do material de cubrición da cuberta e a adecuación dunha estancia existente para uso do espazo para os voluntarios/as de Protección Civil.

Para a cuberta proponse a rehabilitación enerxética do espazo baixo cuberta, a través dunha manda de la de vidro e a incorporación de reixas de ventilación, para facilitar a eliminación de posibles condensacións. O edificio conta cun total de 12 locais, dos cales  7 son empregados polo alumnado e profesorado da Escola Municipal de Música de Ames (aula 5: aula de profesorado; aula 6: aula de espera; aula 7: aula de música e movemento e linguaxe musical; aula 8: piano, guitarra e violín; aula 10: aula de agrupacións; aula 11: batería/percusión; e aula 12: canto, saxo e frauta). Durante este curso hai arredor de 175 alumnos/as matriculados na EMMA.

Por outra banda, a estancia existente no edificio ten a distribución e instalacións propias dunha vivenda. Aproveitarase o existente dentro das limitacións por cambio de programa propoñendo unha mellora enerxética na envolvente interior a través de trasdosado illado e cambio de carpinterías con rotura de ponte térmico. Os sanitarios mantéñense os existentes con cambio de revestimento e pezas, así como a creación dun novo aseo accesible.

O concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Gustavo Nieto, explica que “a cuberta quedará preparada para a creación dunha futura comunidade enerxética na urbanización de Aldea Nova. Dentro deste mesmo proxecto tamén se recolle a rehabilitación da vivenda, que adquiriu o Concello en Aldea Nova, para o persoal da Agrupación de voluntarios/as de Protección Civil de Ames”.

Proxectos sufragados co POS+ Adicional 2/2024

Deste xeito, con cargo á primeira fase do POS+ Adicional (proxectos xa incluídos no POS complementario) vanse executar catro obras: pavimentación de viarios no Castro de Ortoño, na parroquia de Ortoño (142.083,44 euros); senda dende A Ponte Maceira a Carballo, na parroquia de Trasmonte (268.737,99 euros); mellora da seguridade viaria en Covas, na parroquia de Covas (121.609,66 euros); e pavimentación de viarios en Biduído de Arriba, na parroquia de Biduído (176.182,39 euros). Falta por licitar a obra da senda dende A Ponte Maceira a Carballo. Os outros tres proxectos están adxudicados.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Debido a que aínda quedaba un sobrante de 254.166,82 euros, que foi incluído na segunda fase do plan adicional, o Goberno municipal propuxo no pleno ordinario de xullo de 2024 destinar esta contía a sufragar o proxecto de melloras no edificio da Escola Municipal de Música e de Protección Civil, situado en Aldea Nova. Esta proposta saíu adiante por unanimidade de toda a Corporación municipal. Trátase dun novo investimento financeiramente sostible que non figuraban no Plan complementario ao POS+ 2024.

Etiquetas

amesescola de musica
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística
Deportes

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán
Deportes

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán

A VII Festa do Apego será o 6 de xuño no Pazo da Peregrina: consulta a programación
Comarca

A VII Festa do Apego será o 6 de xuño no Pazo da Peregrina: consulta a programación