ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadComercioDestacadoTurismo

Hostelería Compostela advirte da presenza de chinches

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2024. «Todos os veráns sucede o mesmo. Intensifícase o número de peregrinos que chegan a Santiago e empeza a haber problema de chinches», afirma Sara Santos, presidenta da Asociación Hostelería Compostela, tras recibir a chamada dalgúns socios advertíndolle deste problema que, «de momento e por fortuna, é case anecdótico, pero xa está aquí».

Líder Redacción

Líder Redacción

17 de julio de 2024 a las 15:18

Imaxe: Arquivo

Compartir

Por iso, desde a asociación de hostaleiros piden aos seus compañeiros «extremar as precaucións para previr o que pode chegar a ser un problema grave»  e sobre todo, «que a Xunta de Galicia, os albergues e aloxamentos do Camiño, e as empresas de transporte tomen conciencia diso, porque os chinches chegan aos nosos establecementos nas mochilas dos peregrinos».

Para a presidenta da entidade tamén é necesario «normalizar a situación, previla e establecer un protocolo de actuación común, pero non só para os aloxamentos, senón tamén para que os propios peregrinos sexan conscientes de que poden ser picados por un chinche no Camiño e levalos consigo nas súas equipaxes e roupas», polo que deben «revisar sempre a súa mochila e as súas pertenzas, por se levan algunha antes de saír do establecemento, e avisar aos seus responsables se fose así para que poidan tomar as medidas oportunas».

Santos insiste en que «ao final, é un problema de todos, e tanto a administración, como o sector hostaleiro e turístico, e os propios peregrinos e turistas deben tomar conciencia diso e involucrarse para acabar co problema».

Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.