ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadDestacadoPolíticaSociedad

Homenaxe do PPdeG a Miguel Ángel Blanco polo 27º aniversario do seu asasinato

Líder Redacción

Líder Redacción

12 de julio de 2024 a las 14:53

Compartir
  • Paula Prado reivindica a “un vasco con profundas raíces galegas que se converteu nun símbolo da loita da sociedade por manter unha España máis democrática, unida, plural e libre do despropósito do terrorismo”
  • Traslada o seu rexeitamento a “todos e cada un dos acordos políticos con partidos que manteñen a indignidade, non condenan os asasinatos de ETA e pretenden lexitimar a súa existencia” e asegura non entender que haxa partidos galegos aliados cos “herdeiros da banda terrorista”

12 de xullo de 2024. O Partido Popular de Galicia conmemorou hoxe os 27 anos do asasinato de Miguel Ángel Blanco reclamando memoria, dignidade e xustiza para “un vasco con profundas raíces galegas que se converteu nun símbolo da loita da sociedade por manter unha España máis democrática, unida, plural e libre do despropósito do terrorismo”.

A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, e o eurodeputado Adrián Vázquez participaron esta mañá nun acto de homenaxe no cemiterio de Faramontaos (A Merca), onde repousan os restos do político vasco e ao que se uniron ademais o tío de Miguel Ángel Blanco, Aurelio Garrido, a tenente de alcalde do Concello da Merca, Josefina Carrera, deputados autonómicos e nacionais, senadores e outros representantes do partido na provincia de Ourense.

Un acto no que a número dous dos populares galegos definiu ao político asasinado por ETA como “un exemplo moral e de coraxe democrática” e reivindicou a “conciencia tranquila” do Partido Popular. “Nós estamos onde temos que estar. Os demais saberán o que fan e o rédito político que obteñen”, apuntou nesta liña.

Rexeitou así “todos e cada un dos acordos políticos con partidos que manteñen a indignidade, non condenan os asasinatos de ETA e pretenden lexitimar a súa existencia” e asegurou non entender que haxa partidos galegos aliados cos “herdeiros da banda terrorista”.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

“No Partido Popular non imos esquecer xamais a quen co seu exemplo moral e coraxe democrática perderon a vida defendendo a igualdade, a solidariedade e o dereito a discrepar”, concluíu na mesma liña que a tenente de alcalde da Merca, Josefina Carrera, quen sinalou que “os que o coñecemos non podemos deixar de choralo” e apelou ao recordo de “aquel crío co que xogabamos cando eramos cativos”.

Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.