ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadDeportes

Héctor Galán, novo director xeral do Monbus Obradoiro

Héctor Galán Rodríguez será o novo director xeral do Monbus Obradoiro. O avilesino chega á entidade compostelá despois de vinte anos á fronte do Oviedo CB.

Líder Redacción

Líder Redacción

24 de mayo de 2024 a las 18:41

Compartir

Licenciado en Dereito pola Universidade de León, cursou un máster de dereito deportivo na Universidade de Lleida, dedicado á dirección xeral, e un máster internacional de dirección deportiva en baloncesto na Universidade Isabel I. Foi, tamén, vicepresidente da Federación de Baloncesto do Principado de Asturias.

Foi presentado este xoves  polo presidente do Monbus Obradoiro, Raúl López, quen estivo acompañado na sala de prensa do Multiusos Fontes do Sar polo Consello de Administración: “Estivo durante 20 anos nun club humilde, cun proxecto menos agresivo que o actual. Con esa labor que desenvolveu traeraa ao Obradoiro. Será unha peza chave nesta reestruturación. Saímos de situacións difíciles gracias á humildade, a seriedade e a aprendizaxe”.

O presidente lembrou cal é o camiño que percorreu a institución e como chegou á situación actual: “Hai 15 anos este club estaba pendente dos xulgados. Recoñecemos a loita de nosos antecesores para que subsistise o Obradoiro. Entramos co equipo en LEB, e subimos o primeiro ano tralo playoff. Trece anos despois, os pequenos detalles leváronnos ao descenso. Baixamos por un punto”.

Héctor Galán, pola súa banda, expresou a súa gratitude: “Agradezo a Raúl e ao Consello de Administración a confianza que puxeron en min. Son consciente de onde veño e a responsabilidade que temos. Nun ano espero que esteamos aquí cumprindo obxectivos”.

Explicou, o novo director xeral, que “a imaxe que se percibe dende fóra do club é admirable. O Obradoiro fixo cousas moi boas. Agora temos que coller o bo e mellorar o que non se fixo tan ben. Estou feliz, encantado e moi ilusionado na cidade”.

Augurou unha tempada 2024-2025 na que o Monbus Obradoiro será importante: “A liga LEB é unha liga fantástica. Ten equipazos. Nós seremos un deses. Como cando baixaron equipos históricos do baloncesto español. Haberá que facelo ben e considerar o obxectivo de regresar este ano. Agora toca adaptar o club a unha liga distinta”.

Héctor Galán sinalou cales serán as súas liñas para conformar o equipo da vindeira tempada: “Temos que facer unha plantilla que entenda e coñeza a LEB, que domine a competición e que permita gañar partidos. Teremos que engadir outros xogadores dun nivel superior para poder redondear unha boa plantilla”.

Aínda así, espera que a xente que encheu a Caldeira, volva responder: “A afección do Obradoiro foi unha parte fundamental. O último partido de liga aquí foi espectacular. Ten que sentirse parte da volta. Ademais, verán unha gran liga. Non só hai espectáculo na liga ACB. Iso si, teñen que ser conscientes de que se perderán partidos. Non será unha tempada de 34-0. Estou seguro de que poderemos contar cos afeccionados”.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Héctor Galán incidiu, tamén, no fundamental que supón a canteira para apoiar ao primeiro equipo: “Estar en LEB Oro é unha boa oportunidade para valorar a calidade real da canteira. O equipo de liga EBA pode sumarte número na ACB, pero non aporta calidade de adestramento porque a distancia é moi grande. A distancia, agora, redúcese e é unha combinación idónea. Haberá dous, tres ou catro xogadores que te permitirán dar calidade, e analizar a proxección e percorrido”.

Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.