ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Actualidad

Guinarte denuncia que o BNG deixa sen cobrar horas extras e festivos a policías e bombeiros de Santiago

Líder Redacción

Líder Redacción

17 de septiembre de 2025 a las 15:55

Compartir
  • Gumersindo Guinarte atribúe á falta de xestión  do goberno de Sanmartín que policías e bombeiros leven desde outubro sen cobrar as horas extra realizadas, sinalando que sen a boa vontade destes profesionais sería imposible manter uns servizos mínimos á altura dunha cidade como Santiago.

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2025. O voceiro do grupo municipal socialista, Gumersindo Guinarte, denunciou hoxe a situación insostible que está a vivir o persoal do Concello de Santiago, especialmente os policías e bombeiros. Segundo explicou, desde outubro do ano pasado, estes profesionais non recibiron o pago das horas extras realizadas, nin se lles abonaron algunhas festividades.

Guinarte subliñou que, a pesar destas circunstancias, os colectivos seguen a garantir os servizos da cidade “grazas á súa responsabilidade e boa vontade”, comprometéndose coa seguridade da cidadanía e co benestar dos seus compañeiros. “Sen ese esforzo, sería imposible manter uns servizos mínimos á altura dunha cidade como Santiago”, afirmou.

O voceiro socialista tamén destacou que esta situación non afecta só a policías e bombeiros, “moitos traballadores e traballadoras do Concello tamén realizan horas extras sen cobrar, o que evidencia unha falla grave de planificación e de compromiso por parte do goberno municipal da señora Sanmartín. Non pode ser que sexa a boa vontade do persoal a que manteña o funcionamento da cidade”.

Guinarte destacou que as e os socialistas consideran “inaceptable” esta situación e esixe que “se regularicen de inmediato todos os pagos pendentes e que se respecten os dereitos de todo o persoal municipal”.

Para concluír o veceiro engadiu que  “Santiago merece un goberno que cumpra coas súas responsabilidades e coas persoas que cada día garanten os servizos para os cidadáns e os cidadás”.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

 

Etiquetas

bombeirosdenunciahoras extrasPolicia localpolticiapsoeSantiago de Compostela
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Indignación por la aparición de pintadas xenófobas junto a la intermodal de Santiago
Destacado

Indignación por la aparición de pintadas xenófobas junto a la intermodal de Santiago

A Garda Civil felicita á Policía Local de Rianxo pola súa colaboración na loita contra o tráfico de drogas
Comarca

A Garda Civil felicita á Policía Local de Rianxo pola súa colaboración na loita contra o tráfico de drogas

O PSdeG denuncia o abandono do Casco Histórico e reclama medidas urxentes
Actualidad

O PSdeG denuncia o abandono do Casco Histórico e reclama medidas urxentes

A droga regresa con forza a Santa Marta: «Non é só un problema do barrio, é de todo Santiago»
Destacado

A droga regresa con forza a Santa Marta: «Non é só un problema do barrio, é de todo Santiago»