ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Arte y Cultura

O grupo de teatro de Ames chega este domingo a Outes co espectáculo ‘Non podo máis!’

Líder Redacción

Líder Redacción

10 de noviembre de 2023 a las 15:51

Compartir
  • Este domingo, 12 de novembro, ás 19:00 horas, o grupo municipal de teatro representará na Casa da Cultura de Outes a obra que estrearon o curso pasado en Ames “Non podo máis!”
  • Trátase dunha comedia irreverente sobre os aspectos da vida que conseguen descolocarnos e sacarnos dos nosos cabais
  • A obra é unha escolma de escenas seleccionadas e creadas baixo esta premisa para conseguir así a complicidade e o sorriso dun público que ben se podería sentir identificado en moitas delas

Ames, 10 de novembro de 2023.- Este domingo, 12 de novembro, ás 19:00 horas, o grupo municipal de teatro representará na Casa da Cultura de Outes a obra que estrearon o curso pasado en Ames “Non podo máis!”. Trátase dunha comedia irreverente sobre os aspectos da vida que conseguen descolocarnos e sacarnos dos nosos cabais. A obra é unha escolma de escenas seleccionadas e creadas baixo esta premisa para conseguir así a complicidade e o sorriso dun público que ben se podería sentir identificado en moitas delas.

O grupo porá sobre o escenario situacións recoñecibles, do día a día, onde a paciencia dos protagonistas será posta a proba. Como reaccionas cando alguén se cola diante túa no supermercado? Ou que fas cando a túa filla adolescente se rebela e quere saír de botellón? Que camiño tomas cando vas a ese restaurante tan caro que che recomendaron e só che serven un prato baleiro chamado aroma de cocido? “Non podo máis!” é unha escolma de escenas seleccionadas e creadas baixo esta premisa para conseguir así a complicidade e o sorriso dun público que ben se podería sentir identificado en moitasdelas.

O elenco está conformado por Carmela Pardal, Chelo Cajide, Cris Botrán, Emilia Mayo, Gene Martínez, Ilduara García, Maite Fajardo, Mirela González, Mirella Vázquez e Pablo Núñez.

Este ano o grupo está formado por 15 compoñentes. Agora mesmo están en proceso de formación, traballando habilidades teatrais e facendo dinámicas de grupo, e sobe todo creando un clima lúdico entre o grupo. En breve comenzarán coa peza que estrearán a finais do curso 2023-2024.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

A día de hoxe na Escola de Teatro o alumnado inscrito é de 80 persoas, distribuídos en distintos grupos de idade, e están a traballar xogos teatrais de imitación e expresiócorporal. Ao longo do curso inventarán distintas historias recreando situacións cotiás ou noticias do seu interese que logo presentarán en público a finais de curso.

Etiquetas

amesculturaoutesteatro
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística
Deportes

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

O Pino compite no Provincial de Bádminton en Outes
Deportes

O Pino compite no Provincial de Bádminton en Outes

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán
Deportes

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán