ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadDestacado

Gonzalo Muíños: “Nós só apoiaríamos unha moción de censura con Mercedes Rosón de candidata»

Santiago de Compostela, 8 de outubro de 2025. O grupo de concelleiros non adscritos no Concello de Santiago reitera a súa negativa a participar en calquera debate sobre unha posible moción de censura ao goberno local. Gonzalo Muíños, en representación dos catro edís, cualificou este mércores de “incomprensible” o “esforzo estéril dalgunhas persoas por insuflar un debate que está superado desde hai tempo” e no que, asegurou, nin el nin as súas compañeiras “quixemos participar nunca”.

Líder Redacción

Líder Redacción

8 de octubre de 2025 a las 15:13

Compartir

“Nin nos sentimos interpelados nin cremos que sexa un debate que interese ás nosas veciñas e veciños, que o que queren é que traballemos para mellorar os servizos públicos, impulsar proxectos importantes e facer unha oposición esixente, pero útil e construtiva”, sinalou Muíños.

O edil insistiu en que os catro concelleiros manteñen a coherencia co seu compromiso electoral: “Temos un contrato asinado coas persoas que nos votaron, e ese contrato é o noso programa electoral, que está nas antípodas do programa do señor Verea”. Por iso, aclarou, “nós só apoiaríamos unha moción de censura na que a nosa compañeira Mercedes Rosón fora a candidata”, á que cualificou como “a única candidata alternativa posible” ao actual executivo.

Aínda que recoñecen que o goberno de Goretti Sanmartín “peca de soberbia vista a deficiente xestión” destes dous anos de mandato, os non adscritos deixan claro que non entrarán en “debates de sillóns”. “Queremos falar de vivenda, de servizos públicos e de investimentos nos nosos barrios e parroquias; eses son os únicos debates que nos interesan”, concluíu Muíños.

Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.