ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Destacado

Gonzalo Muíños denuncia filtracións e anuncia recurso contra a sanción

 

Líder Redacción

Líder Redacción

17 de enero de 2025 a las 15:31

Compartir

Comunicado de Gonzalo Muíños:

É tremendamente sorprendente e decepcionante que, unha resolución dun procedemento interno, que dicían ser garantista, sexa coñecida por todos os medios de comunicación antes que por un mesmo. Mentres eu realizaba unha visita a un dos barrios da nosa cidade, recibín varias chamadas de xornalistas preguntándome por unha información que foi filtrada á prensa antes de que puidera recibir efectivamente esa notificación.

Desde logo, isto deixa ao descuberto as costuras dun proceder que, para nada se corresponde cos ideais dun partido no que levo 13 anos militando e para o que estiven traballando activamente, con lealdade e compromiso.

De acordo co artigo 42 dos Estatutos Federais e 84 e seguintes do Regulamento Federal de Desenvolvemento dos Estatutos Federais, contra esta resolución poderei interpoñer recurso ante a Comisión Federal de Ética e Garantías, e así o farei. Fareino desde a convicción -que se respalda en probas e evidencias empíricas- de que o meu traballo como portavoz sempre respectou os ideais do partido no que milito. E, sobre todo, perseguiu dar cumprimento ao mandato representativo que me corresponde como concelleiro da miña cidade, primando o interese xeral por enriba do particular e do partidista. Tendo claro, en todo caso, que unha suspensión de militancia non é unha expulsión e que, ao non ser resolución firme, os meus dereitos fundamentais seguen intactos.

Reunireime canto antes coas miñas compañeiras e compañeiros do Grupo Municipal Socialista, ao que sigo pertencendo, para valorar esta nova situación, sendo este o único órgano competente para nomear un portavoz municipal, tal e como se desprende da interpretación do artigo 24 do ROF e do 29 do ROM.

Mentres tanto, o equipo xurídico que me asesora está estudando todas as vías de actuación, reservándome a posibilidade que me asiste, de acudir á xurisdición ordinaria en defensa dos meus dereitos. Isto, fronte unha decisión que, desde logo, non se sustenta en ningún incumprimento real de regulamento algún, senón que supón a culminación dun traballo de fondo no que, a Comisión Executiva Municipal, desde a súa constitución, procurou a suplantación do Grupo Municipal Socialista e a nosa exclusión do debate público na nosa cidade. Sen importar Compostela nin as persoas que traballamos por ela, esixindo dimisións arbitrarias que, ata o de agora, mantiven coa máxima discreción para evitar prexudicar a imaxe do partido pero que, chegado o momento, se explicarán de ser necesario.

Dixen onte no debate sobre o estado do municipio, e manteño hoxe, que eu seguirei ata o último día do mandato sendo leal aos votantes do Partido Socialista co que concorrín as eleccións municipais, ao programa electoral co que me comprometín e, sobre todo, á miña cidade, Santiago de Compostela.

Primando sempre o interese xeral por enriba de calquera cuestión particular. Porque diso vai o servizo público e diso vai a política local.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

E, quen se queira descolgar dese espazo, o da lealdade e compromiso con Santiago, terá que explicarllo ás veciñas e veciños de Compostela.

Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.