ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaDestacadoPolítica

Gandeiros de toda Galicia e numeroso público desfrutaron da Feira Cabalar de Pascua

• A inscrición superou o medio cento de exemplares e repartíronse máis de 3.000 euros en premios
• Puntuable para a Copa Galicia, o certame de cabalos e éguas de pura raza galega foi o máis concorrido
• O Concello de Padrón impulsou como novidade a categoría de percheróns e bretóns, os máis comúns na comarca
• Nenas e nenos, un de tan só tres anos, competiron en ponis
• O alcalde, Anxo Arca, e a concelleira Chus Campos participaron na entrega de trofeos
• Pechou a cita un espectáculo de doma e exercicios ecuestres

Líder Redacción

Líder Redacción

20 de abril de 2025 a las 21:14

Compartir

Padrón. 20-4-2025. Ganderías de toda Galicia e numeroso público desafiaron o mal tempo este domingo, 20 de abril, para asistir a unha nova edición da tradicional Feira Cabalar que deu orixe ás Festas de Pascua de Padrón. O Campo da Barca acolleu os distintos concursos morfolóxicos, que repartiron máis de 3.000 euros en premios, e un espectáculo de doma con cabalos de pura raza galega e pura raza española, moi aplaudido polas persoas asistentes.

Con máis de medio cento de exemplares inscritos, procedentes das catro provincias galegas, a Feira Cabalar de Padrón confirmouse unha vez máis como unha das citas máis relevantes do calendario galego de concursos morfolóxicos. Puntuable para a Copa Galicia, o certame de cabalos e éguas de pura raza galega rexistrou a maior participación cun total de trece equinos.

Gali de Oza e Dana, ámbolos exemplares de Lino Freire e chegados dende Oza Cesuras, erixíronse como gañadores en cabalos e en éguas, respectivamente. Tamén fixo ‘dobrete’ Adrián Mariño, de Viveiro, co terceiro posto de Domingo de Boimente en cabalos e o segundo de Pitufiña do Celta en éguas.

Os concursos, organizados pola Asociación de Cabalos Pura Raza Galega, continuaron co certame de cabalos e éguas cruzados. Un dos máis certames máis celebrados polo público, que malia as choivas intermitentes foi enchendo o recinto a medida que transcorría a mañá, foi o de ponis. Presentaron os cinco animais en concurso rapazas e rapaces, un deles de tres anos, alentando o relevo xeracional e o futuro da Feira Cabalar, obxectivo que perseguía o Concello de Padrón á hora de inaugurar esta categoría na pasada edición. Todos eles foron premiados ex-aequo e recibiron medallas.

A novidade dos concursos deste ano, impulsada tamén dende o Concello, foi a creación dun certame de percheróns, bretóns e hispano-bretóns, os cabalos e éguas máis comúns na comarca, que se caracterizan polo seu gran tamaño e que se dedicaban habitualmente ao tiro nas antigas explotacións agrograndeiras.

As categorías de cabalos e éguas de pura raza árabe pecharon as citas competitivas. Repartiron os premios o alcalde de Padrón, Anxo Arca; a concelleira de Festexos, Chus Campos; e os dous xuíces que valoraron as distintas probas, Estanislao Pérez e Emilio Carrieda.

O broche de ouro desta Feira Cabalar foi unha exhibición de doma no que participaron primeiro cabalos de pura raza galega para darlle paso por último ao espectáculo La magia del caballo con exemplares de pura raza española. O público desfrutou de exercicios de redeas longas, diferentes tipos de doma e fantasías ecuestres.

As clasificacións dos distintos concursos morfolóxicos foron estas:

Cabalos Pura Raza Galega
1. Gali de Oza, de Lino Freire, de Oza Cesuras
2. Sacristán, de Brais Canosa Rodríguez, de Vimianzo
3. Domingo de Boimente, de Adrián Mariño Salgueiro, de Viveiro
4. Campero de Esteiro, de Lino Freire, de Oza Cesuras

Éguas Pura Raza Galega
1. Dana, de Lino Freire, de Oza Cesuras
2. Pitufiña do Celta, de Adrián Mariño Salgueiro, de Viveiro
3. Fonteíña II, de Juan Fontenla Touriño
4. Tamaga, de Lino Freire, de Oza Cesuras

Cabalos cruzados
1. Duque CN, de Marcos Cajaraville Loureiro
2. Vanidoso, de Miguel Touceda, de Valga
3. Golias BB, da Ganadería Bestilleiro
4. Peque, de Luis David Freiría

Éguas cruzadas
1. Águila, de Héctor Domínguez
2. Furia, de Iván Costa
3.- Gala MR, de Manuel Míguez
4.- Elektra MD, de Luis David Freiría

Ponis
• Pipo, de Marcos Freiría
• Kiwi, de Noa
• Rayo, de Iker Fernández
• Bella GAP, de Iker Fernández
• Txiki, de Adrián Rivero

Percheróns, bretóns e hispano-bretóns
1. Ailet, de Alberto Fontao
2. Etor
3. Linda, de Javier Pita
4. Presumida, de Julio José García

Cabalos Pura Raza Árabe
1.- BV Sumatra, da Ganadería Los Gemelos

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Éguas Pura Raza Árabe
1. J. A. Pyndiña, de Héctor Domínguez
2. Mar Enma, de Belén Abal

Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.