ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadComarca

Frades pon en marcha un programa de compostaxe doméstica

Entregará composteiros de 400 litros en todas as vivendas unifamiliares con parcela ou horta que o soliciten

Líder Redacción

Líder Redacción

23 de mayo de 2024 a las 19:42

Compartir

23 de maio de 2024.- O Concello de Frades pon en marcha un programa de compostaxe doméstica a través do cal entregará composteiros de 400 litros nas vivendas unifamiliares do municipio que conten cunha parcela ou horta dun mínimo de 25 metros cadrados de extensión. As solicitudes poden facerse directamente no Concello de Frades (981 695 567) ou enchendo unha solicitude online dispoñible na web municipal (www.frades.gal).

O composteiro, dunha capacidade para 400 litros, debe emprazarse no exterior da vivenda, nunha zona sombreada e protexida das inclemencias meteorolóxicas, preferiblemente baixo unha árbore de folla caduca e en contacto directo coa terra para facilitar a entrada dos microorganismos descompoñedores.

O obxectivo desta campaña é que a autoxestión da materia orgánica se erixa como unha práctica habitual en todo o municipio, dadas as súas incuestionables vantaxes ambientais, económicas e sociais asociadas á compostaxe. “Trátase, en definitiva, de recuperar unha tradición asentada no rural galego, como é a segregación dos restos orgánicos para alimento do gando e/ou elaboración de compost, pero dunha forma máis óptima, hixiénica, cómoda e eficiente”, sinala o concelleiro de Medio Rural, Manuel Ferreiro.

A campaña de concienciación e educación ambiental en relación á separación selectiva de biorresiduos e compostaxe domiciliaria en Frades está promovida polo Concello de Frades, en colaboración coa Xunta de Galicia e o Ministerio para a Transición Ecolóxica e Reto Demográfico, e co financiamento da Unión Europea a través dos fondos NextGeneratioEU e o Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.