Ferido leve o condutor dun patinete tras colidir cun turismo en Santiago
Líder Redacción
23 de octubre de 2024 a las 13:40
Arquivo
O accidente entre un turismo e un patinete eléctrico ocorrido onte á noite en Santiago deixou un ferido leve. O incidente produciuse arredor das 22 horas na intersección entre a rúa Mulas e a vía Galileo.
A Policía Local personouse no lugar para investigar as causas do sinistro e elaborar o informe correspondente. Ademais, os servizos sanitarios atenderon ao condutor do patinete.



