ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaDestacadoSucesos

Falece o condutor dun turismo tras saírse da vía en Ordes

 

Líder Redacción

Líder Redacción

31 de enero de 2025 a las 12:46

Imaxe: Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña

Compartir

É a terceira vítima mortal nas estradas das últimas horas.

Tras os sinistros rexistrados onte en Carballo e Curtis, un novo accidente esta mañá en Ordes deixa outro condutor falecido na N-550, ao paso pola parroquia de Leira.

Foron os axentes da Policía Local quen avisaron a través da súa chamada ao 112 Galicia. Segundo indicaron, o vehículo no que viaxaba a vítima saíuse da vía. Como consecuencia do impacto, a persoa quedou atrapada no interior, polo que foi necesaria a intervención dos bombeiros. Así, acudiron os efectivos do parque comarcal de Betanzos, que procederon a liberar o único ocupante do turismo. Aínda así, nada puido facerse por salvar a súa vida.

Ademais dos equipos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, bombeiros e axentes da Policía Local e Garda Civil de Tráfico, avisouse ao persoal de limpeza e mantemento da vía, así como á empresa subministradora da enerxía eléctrica por un cable que resultou afectado polo accidente.

Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.