Falece Horacio García, fundador de Granjas Campomayor e Fillo Predilecto de Palas de Rei
O Concello de Palas de Rei chora a perda de Horacio García, fundador de Granjas Campomayor e distinguido como Fillo Predilecto do municipio. O alcalde, Pablo Taboada, destacou a súa relevancia na historia local, subliñando o seu legado como xerador de emprego e oportunidades na comarca.
Líder Redacción
2 de febrero de 2025 a las 23:44
García, recoñecido polo seu compromiso co desenvolvemento de Palas de Rei, expresaba con orgullo: «Me gusta que mi pueblo crezca», unha filosofía que marcou a súa traxectoria empresarial e social.
O funeral polo seu eterno descanso celebrarase este luns ás 17:00 horas na igrexa de San Tirso de Palas de Rei.
D.E.P.