Falece Félix Rodríguez Vieites, primeiro alcalde democrático de Oroso
Oroso, 17 de xuño de 2024 – No día de hoxe temos que informar con moita tristura do falecemento de Félix Rodríguez Vieites, o primeiro alcalde de Oroso despois da volta da democracia a España.
Líder Redacción
18 de junio de 2024 a las 01:09
Veciño da parroquia de Deixebre e perito de profesión, Félix Rodríguez Vieites deixou unha forte pegada na historia do municipio. Pai de dous fillos, asumiu a alcaldía de Oroso no ano 1979 baixo as siglas da Unión de Centro Democrático (UCD). Posteriormente, continuou o seu mandato como alcalde a través de Coalición Galega ata o ano 1989.
O alcalde actual de Oroso, Alex Doval, quere manifestar, en nome do Concello de Oroso, o seu máis sincero pésame á familia e achegados de Félix Rodríguez Vieites. A súa traxectoria como servidor público e veciño comprometido será sempre lembrada con gratitude e respecto.
Oroso chora hoxe a perda dun dos seus fillos máis ilustres, unha figura clave no desenvolvemento e progreso do noso municipio durante a crucial etapa da transición democrática.