ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadDestacadoEducaciónFala que FalaNoticia Líder

Fala que Fala chega ao CPI Virxe da Saleta de Cea co escultor Acisclo Manzano como convidado

Líder Redacción

Líder Redacción

10 de diciembre de 2025 a las 19:27

Compartir
  • O programa de Radio Líder, en colaboración coa Secretaría Xeral da Lingua, celebrarase este xoves 11 de decembro de 10 a 12 horas cunha edición especial chea de música, humor, entrevistas, divertidos xogos e participación do alumnado.

O programa Fala que Fala de Radio Líder, coa colaboración da Secretaría Xeral da Lingua, fará parada este xoves 11 de decembro en San Cristovo de Cea (Ourense) para emitir unha edición especial desde o CPI Virxe da Saleta.

Esta cita chega despois de que o primeiro programa da tempada se emitise recentemente desde o IES Luís Seoane de Pontevedra, dando inicio a un novo percorrido por centros educativos de toda Galicia coa lingua galega como protagonista.

De 10:00 a 12:00 horas, o centro educativo converterase nun verdadeiro punto de encontro para a celebración da lingua galega, cunha programación dinámica que combinará entrevistas, música, divertidos xogos e unha ampla participación do alumnado. O galego será o fío condutor dunha mañá pensada para gozar, compartir e poñer en valor o noso idioma.

Entre os convidados destacados estará o escultor ourensán Acisclo Manzano, que achegará a súa visión artística e cultural nun diálogo directo co alumnado, poñendo en relación a creación, a identidade e a lingua.

Fala que Fala continúa así o seu percorrido por distintos puntos de Galicia, consolidándose como un proxecto de referencia na promoción e no prestixio do galego entre a xente nova.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

O evento conta coa colaboración de Seguridade A1, Daveiga e Dezasete Media.

Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.