ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadComarca

Este domingo celebrarase en Ribas o XXIII Concurso Morfolóxico Cabalar do Concello de Teo

A xornada, na que tamén colabora a Asociación Amigos do Cabalo de Teo, pretende poñer en valor a figura deste animal, moi presente na historia teense

Líder Redacción

Líder Redacción

20 de agosto de 2024 a las 21:41

Compartir

Ao longo do día exhibiranse os mellores exemplares de Pura Raza Autóctona e Española, con concurso de beleza, doma e probas de arrastre

A cita estará amenizada con animación musical, xogos populares e diversos obradoiros para a cativada, ofrecendo tamén diversos postos de alimentación

Teo, 20 de agosto de 2024.- O Concello de Teo presentou hoxe a XXIII edición do Concurso Morfolóxico Cabalar, o cal terá lugar este domingo 25 de agosto no lugar de Ribas, na parroquia teense de Oza.

Trátase dunha cita ineludible para os amantes do cabalo onde se exhibirán os mellores exemplares de Pura Raza Autóctona e Española. Haberá concurso de beleza, doma e probas de arrastre. Ademais, a xornada estará amenizada con animación musical, xogos populares e diversos obradoiros para a cativada. Tamén estarán presentes diversos postos de alimentación e unha exposición de motos antigas.

Esta nova edición, na que tamén colabora a Asociación Amigos do Cabalo de Teo, pretende poñer en valor a figura do cabalo, un animal que no municipio teense ten gran relevancia posto que é o gran protagonista en diversos eventos culturais.

De feito, son un dos estandartes dos Xenerais da Ulla, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia, e da máis que coñecida e prestixiosa feira cabalar do San Martiño, que se celebra cada 11 de novembro na carballeira de Francos. Neste senso, cómpre salientar que o Concello remitiu unha nova solicitude á Xunta de Galicia para declarar a dita Feira do San Martiño como Festa de Interese Turístico de Galicia. Esta feira está especializada na venda do gando cabalar, mular e asnal e conta con máis de 500 anos de antigüidade.

Desenvolvemento da xornada

Sobre as 8.30 horas da mañá procederase á apertura de inscricións, onde cada propietario de animais deberá entregar á Organización do evento a carta de orixe no momento de formalizar a inscrición.

A partir das 10.00 horas comezarán as distintas exhibicións de poldros, percheróns, cabalos e eguas, rematando a xornada con probas de arrastre cara ás 18.30 horas da tarde. Seguidamente, procederase á entrega de premios, dando así por concluída a edición de 2024.

Tamén cómpre destacar o amplo abano de actividades previstas para os máis pequenos. Así, desde as 17.00 horas haberá un obradoiro para facer chapas de cabaliños, ademais de xogos de habilidade, xogos populares e un parque de inchables. Poderán desfrutar tamén dun posto de frigolosinas de balde e rematar a xornada coa festa da escuma sobre as 20.00 horas.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

 

Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.