Estabilizado o cadro de gastroenterite que afectou a 65 persoas no CEP de Ventín de Ames
Estabilizado o cadro de gastroenterite detectado no CEP de Ventín e que afectou tanto a rapazada como a monitorado. Nos próximos días coñecerase a orixe, vírica ou alimentaria, desta afección mediante as mostras recollidas nos comedores escolares amesáns e os coprocultivos dos pacientes que precisaron acudir a un centro sanitario. Sanidade rexistrou 65 casos durante o día de antonte, sen ningún cadro de gravidade. A totalidade das persoas atendidas foron dadas de alta.
Líder Redacción
19 de mayo de 2024 a las 12:56
Dende o Concello de Ames e dende a Consellería de Sanidade recordase que existen liñas habilitadas para a comunicación de novos casos que poidan ir xurdindo. No caso de necesitar algún tipo de información do concello a veciñanza pode poñerse en contacto mediante o teléfono 649 82 90 90. Se precisa comunicar un novo caso chame ao número do Sistema de Alerta Epidemolóxica de Galicia, 649 82 90 90.