ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadComarcaDeportesPolíticaSociedad

E-motion firma un debut histórico con pleno de pódiums en el interautonómico de FitKid

Líder Redacción

Líder Redacción

2 de marzo de 2026 a las 14:12

Compartir
  • O equipo de competición da escola de FitKid, baile e acrobacia E-motion, con sede en Bertamiráns, asinou unha estrea soñada na súa primeira participación oficial nun campionato interautonómico, celebrado este pasado domingo, 1 de marzo, no pavillón da Marazuela, en Las Rozas (Madrid)
  • Todas as coreografías presentadas pola escola de Ames lograron subir ao podio. Un pleno de podios que supera calquera expectativa inicial e que confirma o gran traballo realizado durante os últimos meses
  • Ademais, a organización de Fit Kid España fixo entrega dunha placa de recoñecemento ao director da escola, Edu López, por ser E-motion a primeira escola oficial de FitKid en Galicia

O equipo de competición da escola de FitKid, baile e acrobacia E-motion, con sede en Bertamiráns, asinou unha estrea soñada na súa primeira participación oficial nun campionato interautonómico, celebrado este pasado domingo, 1 de marzo, no pavillón da Marazuela, en Las Rozas (Madrid). Todas as coreografías presentadas pola escola de Ames lograron subir ao podio. Un pleno de podios que supera calquera expectativa inicial e que confirma o gran traballo realizado durante os últimos meses. Ademais, a organización de Fit Kid España fixo entrega dunha placa de recoñecemento ao director da escola, Edu López, por ser E-motion a primeira escola oficial de FitKid en Galicia.

A cita reuniu a clubs procedentes de Madrid, Aragón, Castela e León e a E-motion como única escola representante de Galicia nesta disciplina artístico-deportiva. O resultado non puido ser mellor xa que todas as coreografías presentadas pola escola de Ames lograron subir ao podio. Un pleno de podios que supera calquera expectativa inicial e que confirma o gran traballo realizado durante os últimos meses.

Resultados individuais:

-Noa Lema: segunda clasificada en FitKid Promo Baby.

-Irati Pérez: primeira clasificada en FitKid Baby.

-Águeda Abaña: segunda clasificada en FitKid Promo Kid 1.

-Maré Carballedo: primeira clasificada en FitKid Promo Kid 1.

Resultados por equipos:

-Equipo Baby: primeiras clasificadas na modalidade FitKid.

-Equipo Kid: primeiras clasificadas na modalidade FitKid Promoción.

-Equipo Júnior: primeiras clasificados na modalidade FitKid Promoción.

A concelleira de Deportes, Susana Señorís, destaca “o gran traballo que se está realizando pola academia amesán E-motion, que se veu reflectido no Campionato interautonómico de Madrid con pleno de podios en todas as coreografías que presentaron. Quero felicitar a este grupo de nenas e nenos que practican FitKid, aos seus profesores e profesoras, e por suposto as súas familias”.

Entrega dunha placa de recoñecemento

Ademais, o campionato deixou un momento especialmente significativo para a expedición galega. A organización de Fit Kid España fixo entrega dunha placa de recoñecemento ao director da escola, Edu López, por ser E-motion a primeira escola oficial de FitKid en Galicia, un fito que consolida o crecemento desta disciplina na comunidade.

O director e coreógrafo valorou así a experiencia: “conseguir estes resultados na nosa primeira competición foi unha emocionante sorpresa e un auténtico xute de motivación para a nosa participación no Campionato de España”.

O apoio das familias

Ademais, Edu López destacou o valor humano da viaxe. “A nivel persoal, esta experiencia foi moi positiva para crear aínda máis equipo, máis piña. E iso sempre acaba reflectíndose no traballo que se presenta sobre a pista”.

O ambiente vivido durante a fin de semana foi outro dos grandes protagonistas. O apoio das familias resultou clave tanto na preparación como na competición. “A participación das familias en toda a preparación previa —maquillaxes, peiteados, organización— foi incrible, do mesmo xeito que o ánimo constante desde as bancadas. Sen dúbida, a mellor afección é a galega”. A expedición regresou coa satisfacción do traballo ben feito, pero tamén coa humildade de quen sabe que isto é só o principio dun camiño ilusionante.

Campionato de España

A próxima gran cita será o Campionato de España, que se celebrará do 30 de abril ao 3 de maio en Blanes (Xirona), onde E-motion competirá coa mesma emoción e a mesma humildade coa que afrontou o seu debut no Campionato interautonómico de Madrid.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Con este brillante arranque, E-motion non só consolida o crecemento do FitKid en Galicia, senón que demostra que o traballo en equipo, o compromiso e a paixón poden converter os soños en realidade desde o primeiro paso.

Etiquetas

acrobaciaamesbailedeportesE-motionFitKid
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.