ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadComarcaDestacadoPolíticaSucesos

Dous mozos perden a vida nun sinistro na A-54 ao seu paso polo Pino

 

Líder Redacción

Líder Redacción

14 de septiembre de 2025 a las 19:15

Bombeiros Arzúa

Compartir

Este domingo, 14 de setembro, a A-54 volveu ser escenario dun tráxico accidente de tráfico no termo municipal do Pino. Segundo confirmou o 112 Galicia, o sinistro rexistrouse arredor das 14:30 horas á altura da parroquia de Cerceda, cando un turismo se saíu da vía e bateu contra a varanda.

Ata o lugar desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061 —que incluso mobilizou o helicóptero medicalizado con base en Santiago—, os Bombeiros de Arzúa, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Porén, ao chegar, os equipos só puideron certificar o falecemento dos dous ocupantes do vehículo. As vítimas son dúas persoas novas, un home de 23 anos e natural de Arzúa, que conducía o vehículo, e a súa acompañante, unha moza de 24 e veciña de O Pino.

Bombeiros Arzúa

A pesar de que en primeira instancia se barallou a posibilidade de que as vítimas estivesen atrapadas, os bombeiros non tiveron que intervir no rescate, limitándose ás tarefas de limpeza e restablecemento da seguridade viaria.

Segundo testemuñas presenciais que circulaban a esa hora pola autovía, o vehículo ía a unha velocidade excesiva cando se saíu da vía.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Desde o 112 Galicia tamén se puxo en coñecemento dos profesionais do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) a situación, por se resultara precisa a súa intervención.

Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.