ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadArte y CulturaComarca

Dobre cita cultural esta fin de semana en Boqueixón: Noite Velada e Batalla de Ponte Ledesma

Boqueixón, 1 de agosto de 2024.- O campo do río de Ponte Ledesma (Boqueixón) será escenario esta fin de semana de dúas singulares iniciativas culturais: a Noite Velada e a Batalla de Ponte Ledesma. Dous eventos de entrada libre e de balde, ata completar aforo.

Líder Redacción

Líder Redacción

1 de agosto de 2024 a las 20:03

Compartir

Así, o campo do río de Ponte Ledesma acollerá mañá venres 2 de agosto, a partir das 21:30 horas, unha nova edición da “Noite Velada”. Esta iniciativa, organizada polo Departamento de Turismo do Concello de Boqueixón, busca unir a tradición e a cultura baixo a imaxe dunha ponte histórica que volverá alumearse un ano máis coa luz das candeas e as teas.

A música correrá a cargo dos grupos locais Muxicas da Silveira e Raiera, así como do grupo Cantos da Terra. A entrada é totalmente libre e de balde, ata completar o aforo de butacas. Unha vez cuberto, o público asistente tamén pode seguir as actuacións de pe ou sentados no céspede co campo do río. Haberá postos de comida e bebida para as persoas que o desexen.

Recreación histórica

O mesmo escenario acollerá dous días despois, o domingo 4 de agosto, ás 20:00 horas, unha recreación da histórica “Batalla de Ponte Ledesma”, que enfrontou en marzo de 1809 á veciñanza liderada pola Xunta de Trasdeza e ás tropas napoleónicas e que se saldou con vitoria veciñal. Unha recreación na que participarán veciños e veciñas de Boqueixón, así como os “franceses” da Asociación Cultural Heroes de Casaldeirigo (Valga), todos eles dirixidos polo actor Suso Martínez e o músico Manoele de Felisa. A asistencia é libre e de balde.

Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.