Denunciado por ouriñar na Praza do Obradoiro
A Policía Local de Santiago levantou unha acta-denuncia contra unha persoa sorprendida ouriñando na vía pública, concretamente na Praza do Obradoiro, ás 23:55 horas da noite do xoves.
Líder Redacción
30 de agosto de 2025 a las 20:03
Segundo o parte de servizos, entre as 08:00 horas do día 28 e as 08:00 do 29 de agosto, os axentes tamén realizaron controis de documentación en diferentes puntos da cidade e atenderon varias incidencias. Ás 04:55 horas, na rúa Montero Ríos, identificouse un condutor ao que lle constaba unha suspensión temporal do permiso de conducir, así como a perda de vixencia do mesmo por perda total dos puntos.
Ademais, ás 19:05 horas, na rúa da Rosa con Fernando III, os axentes prestaron auxilio a unha persoa que se atopaba indisposta.
A Policía Local mantivo ao longo da xornada controis e inspeccións en distintas zonas urbanas.