ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Actualidad

Declaracións de Borja Verea sobre a senda ciclista: «O tripartito frea a marcha de Santiago»

Declaracións de Borja Verea sobre a senda ciclista:

Líder Redacción

Líder Redacción

22 de mayo de 2025 a las 17:41

Compartir

«Queda claro que Santiago é unha cidade en marcha cun tripartito que a frea. Estamos ante unha senda peonil e ciclista que situaba Santiago á altura das cidades europeas referentes en mobilidade sostible, un gran itinerario verde de conectividade colectiva.

Desde o primeiro minuto —aí están as hemerotecas-, CA, PSOE e BNG boicotearon este proxecto, cegounos tanto a ideoloxía que non lles importa perder unha senda verde alternativa.

Como alcalde, en 2027, retomarei o proxecto na súa integridade e incluso ampliaremos esta senda verde alternativa e de futuro, porque Compostela merece volver a ser referente. E a maioría dos composteláns están cansos, aburridos de políticos tristes, acomplexados e antigos. Eu son claro, son transparente, e creo que sempre o intentei ser. Como alcalde, en 2027 concluiremos esta senda verde como alternativa de futuro e, ademais, ampliarémola, sempre cumprindo todos os requisitos patrimoniais, cumprindo todos os requisitos de patrimonio natural e de patrimonio cultural. O que non imos facer son parches. Polo tanto, hai unha premisa que para min é irrenunciable: que este sexa un gran itinerario verde e de transformación da cidade. Como alcalde, avanzarei na posibilidade de solucionar todas estas cuestións para que o proxecto sexa completamente compatible co patrimonio cultural, plenamente compatible co patrimonio natural, e mellore substancialmente a vida dos cidadáns de Santiago.

Se queremos ser un referente en mobilidade alternativa non podemos quedarnos en carrís bici parche, como aos que nos teñen acostumados. Hai uns criterios que para min son liñas vermellas: ten que ter continuidade, separación absoluta das estradas e dos vehículos, e ten, ademais, que mellorar a vida das persoas con mobilidade reducida, permitíndolles chegar onde hoxe non chegan. E, por tanto, esa infraestrutura, cumprindo estes requisitos, rematarémola xuntos a partir de 2027. Porque ese é o futuro, por onde vai Europa e por onde vai o mundo, e non podemos seguir quedándonos atrás por culpa dun goberno local triste, acomplexado e antigo.»

Etiquetas

conxoppsenda
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Un incendio nunha vivenda okupada de Conxo provoca unha gran columna de fume
Destacado

Un incendio nunha vivenda okupada de Conxo provoca unha gran columna de fume

Habla el bisnieto del último alcalde de Conxo: “Rosalía era conxense, no picheleira ni padronesa”
Actualidad

Habla el bisnieto del último alcalde de Conxo: “Rosalía era conxense, no picheleira ni padronesa”

Todo listo en Conxo para la fiesta de los años 80 y 90 de este sábado
Actualidad

Todo listo en Conxo para la fiesta de los años 80 y 90 de este sábado

A Comisión de Festas de Conxo denuncia «trabas administrativas» que ameazan as súas festas
Actualidad

A Comisión de Festas de Conxo denuncia «trabas administrativas» que ameazan as súas festas