ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Actualidad

Continúa a boa acollida de «TER É MANTER», que recibe 74 solicitudes para este 2024

 

Líder Redacción

Líder Redacción

13 de abril de 2024 a las 00:51

Compartir

 

 

12/04/2024 Os inmobles da Cidade Histórica beneficiaranse desta subvención destinada ao mantemento e rehabilitación.

O pasado mes de xaneiro o Consorcio de Santiago lanzaba unha nova convocatoria do programa «Ter é Manter» de axudas á rehabilitación dos elementos especiais de madeira e reixas, e ao mantemento da envolvente exterior das vivendas da Cidade Histórica compostelá, cun orzamento de 800.000 euros. Unha vez finalizada a data límite de presentación de solicitudes, o 12 de febreiro, a Oficina Técnica do Consorcio de Santiago contabilizou un total de 74 propostas.

Durante os próximos meses estase a elaborar, por parte do equipo técnico do Consorcio, a documentación técnica solicitada, ademais da evaluación dos proxectos presentados polas persoas e entidades solicitantes. Unha vez realizada a evaluación, poderase determinar a cuantía total da subvención a adxudicar e executar. Mentres se realizan estes traballos técnicos e de evaluación, continúan as obras beneficiarias da convocatoria do ano anterior.

Estas subvencións engloban a restauración ou reposición dos elementos especiais de madeira de interese arquitectónico (galerías, ventás e portas de entrada aos edificios), a restauración de reixas, así como as obras complementarias necesarias para a reparación de pedras de soporte deterioradas.

Ademais, tamén cubre o mantemento dos elementos da envolvente exterior, como fachadas exteriores ou patios interiores e cubertas, así como obras de mellora da eficiencia enerxética do edificio relacionadas coa envolvente exterior, obras de mellora do illamento acústico e consolidación, reposición ou mellora das estruturas tradicionais de madeira.

TERÉMANTER

Ter É Manter busca beneficar tanto a propietarios, arrendatorios como titulares con dereito de uso sobre o inmoble, pero tamén ás comunidades de propietarios. Desde a posta en marcha deste programa no 2006 o Consorcio de Santiago destinou máis de 6.000.000 de euros para as accións de rehabilitación e mantemento. Ademáis, desde a convocatoria ininterrompida no 2017 a cuantía destinada ás vivendas e inmobles da veciñanza compostelá aumentou.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Para poder acceder a estas axudas é requisito imprescindible que o inmoble estea localizado no ámbito de actuación do Plan Especial de Protección e Rehabilitación da Cidade Histórica; que o inmoble a manter teña unha antigüidade superior aos 10 anos e que cumpra coas condicións suficientes de seguridad estrutural e estanqueidade fronte a choiva.

Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.