Confinan aos veciños dun inmoble en Santiago tras un incendio nocturno
Un incendio declarado na madrugada deste luns obrigou a confinar aos residentes dun edificio situado na rúa Santiago de Chile, en Compostela.
Líder Redacción
15 de septiembre de 2025 a las 11:07
As lapas, que foron controladas polos Bombeiros de Santiago sen que se rexistrasen feridos, xeraron unha importante acumulación de fume, o que fixo necesario manter aos veciños no interior das vivendas ata completar os traballos de ventilación.
Por agora, descoñécense as causas do lume, que será investigado nas próximas horas polos servizos de emerxencia.