Coñecemos toda a programación do festival ‘Folk na Beira do Sar’ que se celebra esta fin de semana
Nunha entrevista realizada este xoves en Radio Líder Santiago, Rafa Sexto, presidente da Agrupación Folclórica Colexiata do Sar, ofrecía un repaso a todas as actividades do festival Folk na Beira do Sar, que se celbara este sábado e domingo no barrio compostelán do Sar.
Líder Redacción
12 de julio de 2024 a las 22:13
Baixo o lema de «Cultura e convivencia no Camiño da Prata», o Folk na Beira do Sar promete unha fin de semana chea de música, gastronomía e tradición. A axenda comeza o sábado 13 de xullo no Claustro da Colexiata ás 11:30 h coa actuación do Trío Slimak, seguida dunha exposición fotográfica e actuacións musicais.
Na Horta da Colexiata a partires das 12:30 h, terá lugar unha cata de queixos e viños, seguida dunha degustación de produtos galegos e animación para os máis pequenos con «Os Intrépidos da Ulla». O festival continúa cun concerto de música tradicional ás 18:00 h a cargo de Os Intrépidos da Ulla e a participación da A. F. Colexiata, culminando cun concerto de folk ás 20:00 h con Kercuez e Alvariza.
O domingo 14 de xullo, a Praza da Colexiata será o escenario da «Foliada na Ribeira do Sar», cun concerto da Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela e da Agrupación Folclórica Colexiata do Sar. Debido a previsións de mal tempo, o concerto programado de Carlos Núñez para as 20:30 h posporase ao próximo xoves 18 de xullo á mesma hora.
Se xa tes entrada para o concerto, esta será válida para a nova data. No caso de non poder asistir, podes solicitar a devolución respondendo ao correo electrónico enviado por Ataquilla.
A entrevista completa no seguinte enlace.