ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadComarcaSociedad

Concurso fotográfico LGTBIQ+ dentro da campaña “Ames a quen ames faino con orgullo”

Líder Redacción

Líder Redacción

11 de junio de 2024 a las 11:29

Compartir

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Benestar Social, organiza a primeira edición do concurso fotográfico LGTBIQ+, que se enmarca dentro da campaña “Ames a quen ames faino con orgullo”. O obxectivo é a loita contra a discriminación e promover a igualdade e a diversidades con respecto á comunidade LGTBIQ+. O prazo de entrega das fotografía vai do 10 ao 24 de xuño. Permítese unha participación por persoa, que debe ser enviada xunto co seu número de teléfono, e os seus datos persoais ao enderezo de correo electrónico servizos_sociaisberta@concellodeames.org. A inscrición é gratuíta. Descarga as bases do certame fotográfico.

Con motivo da conmemoración o vindeiro 28 de xuño do Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+, o Concello de Ames, a través da Concellaría de Benestar Social, vén de abrir o prazo para participar no concurso de fotografía LGTBIQ+. O Concello de Ames organiza este certame dentro da campaña “Ames a quen ames faino con orgullo”. O obxectivo é a loita contra a discriminación e promover a igualdade e a diversidade con respecto á comunidade LGTBIQ+.

Poden participar neste certame todas as persoas maiores de 18 anos, con independencia do seu lugar de orixe. As fotografías teñen que ser orixinais e inéditas, presentando cada participante dúas fotografías como máximo. Soamente se permitirá unha participación por persoa. A inscrición é gratuíta.

Os participantes aceptan as bases do concurso ao presentar as súas fotografías. As persoas participantes deberán presentar dúas fotografía máximo coa temática “Ames a quen ames faino con orgullo”.  Poden ser realizadas con calquera tipo de técnica e estilo. A resolución das fotos deberá ser como máximo de 2 ou 3 megas. O prazo para participar péchase o 24 de xuño.

A concelleira de Benestar Social, Uxía García, explica que “é a primeira vez que organizamos este concurso fotográfico dentro das actividades de conmemoración  do Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+. Pareceunos boa idea implicar a toda a veciñanza na celebración deste día. Para iso teñen ata o 24 de xuño para enviar as súas fotografías”.

Presentación das obras

Permitirase unha participación por persoa, que deberá ser enviada xunto co seu número de teléfono, e os seus datos persoais ao enderezo de correo electrónico servizos_sociaisberta@concellodeames.org. As persoas participantes prestan o seu consentimento para que as composición enviadas sexan expostas na páxina web do Concello de Ames.

Do mesmo xeito, o Concello de Ames, resérvanse o dereito a elaborar unha galería fotográfica na páxina web coas composición que participen. As persoas participantes son os responsables das autorizacións pertinentes respecto das persoas que aparezan nas fotografías.

É imprescindible que as fotografías enviadas vaian identificadas cos datos do autor: nome, apelidos, data de nacemento, enderezo e teléfono de contacto (preferiblemente móbil), e o texto autorizo aos organizadores a difusión das fotografías enviadas segundo as bases do sorteo. O Concello de Ames non gardará nin utilizará os datos persoais de ningún dos participantes, salvo os necesarios para identificar a persoa premiada.

Limitacións técnicas

Non se aceptará imaxes que non reúnan un mínimo de calidade ou con contidos contrarios á legalidade vixente. As fotografías serán realizadas acorde ao dereito á propia imaxe, complementario ao dereito á intimidade. Este dereito garante a protección do que se consideran as cualidades definitorias dunha persoa: imaxe física, voz e nome.

As fotografía nas que aparezan persoas recoñecibles deberán ir acompañadas dunha carta firmada por ditas persoas autorizando o uso da súa imaxe. O Concello de Ames resérvanse o dereito de veto por se algunha imaxe fose contraria á legalidade ou se mostrasen a persoas en accións non apropiadas.

O 27 de xuño comunicarase o/a gañador/a do certame a través da páxina web do Concello e ao/a premiado/a a través dos datos de contacto facilitados. O día 28 de xuño despois da lectura do manifesto, o alcalde de Ames e a concelleira de Benestar Social, Igualdade e Voluntariado entregarán o premio, deseñado para a ocasión.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Todas as persoas participantes outorgan ao Concello de Ames unha licencia suficiente sobre os dereitos de reprodución, publicación, distribución, transformación, comunicación pública e posta a disposición da súa obra. O/a participante manifesta e garante ser o único titular de tódolos dereitos de autor da fotografía que presenta ao sorteo e se responsabiliza totalmente de toda a reclamación fronte a terceiros derivada do incumprimento da citada garantía.

Etiquetas

amesconcursofotografialgtbiq+radio lider santiago
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística
Deportes

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán
Deportes

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego
Actualidad

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego