ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Destacado

Comunicado dos catro edís díscolos do PSOE en Santiago

«Desde o Grupo Municipal Socialista queremos pedir desculpas públicamente a todas as veciñas e veciños de Santiago de Compostela polo comportamento dos dous compañeiros de grupo, Gumersindo Guinarte e Marta Abal, tras ausentarse sen causa xustificada e sen notificación previa da sesión ordinaria do Pleno da Corporación deste xoves.

Líder Redacción

Líder Redacción

24 de abril de 2025 a las 12:46

Compartir

Unha decisión que vulnera as súas obrigas como concelleiros desta cidade e que, alén de consideracións políticas, supón unha falta de respecto ás veciñas e veciños ás que temos a enorme honra e responsabilidade de representar.

Pedimos desculpas pola imaxe lamentable que se traslada á cidadanía da política con este tipo de actos, que se suman a unha longa lista de precedentes dos que nos avergoñamos como socialistas. Un novo acto no que se empregou o pleno municipal como escaparate para presionar e alterar un procedemento —tutelado polo secretario do Concello— ao que teñen dereito as concelleiras e concelleiros expedientados.

Co obxectivo de garantir transparencia, aclaramos os seguintes puntos:

  1. Competencia nos prazos: Nin os concelleiros nin a Alcaldesa poden fixar os prazos dun procedemento de audiencia administrativa. Este está rexido pola lei, aplicada con rigor polos funcionarios (neste caso, o secretario xeral do pleno), garantindo o dereito a defensa e o debido proceso.

  2. Respeto ao persoal do Concello: Reiteramos o noso apoio ao traballo dos funcionarios e rexeitamos calquera intromisión no seu labor.

  3. Alegacións presentadas: O noso portavoz, Gonzalo Muíños Sánchez, presentou as súas alegacións e probas documentais dentro do prazo establecido (48 horas antes). O equipo funcionarial dispón agora de 10 días hábiles para revisar a documentación e emitir o informe oportuno.

  4. Liberdade de iniciativa: Todas as concelleiras e concelleiros do Grupo Municipal Socialista poden presentar propostas ao Pleno. Nas últimas sesións, non se acadou o límite máximo de iniciativas, facilitando que todos puidesen participar. Estas propostas consensúanse en reunións de grupo —ás que Guinarte e Abal non asistiron nos últimos meses sen xustificación—.

  5. Contradición na actitude: É paradoxal que estes dous concelleiros se ausenten do Pleno tras participaren activamente nas comisións informativas, incluso como portavoces.

  • Transparencia interna: Durante todo o mandato, facilitouse a todos os membros do grupo (e á dirección local do partido) o acceso ás iniciativas, documentación do Pleno e memorias de actividade, incluído este mes de abril.

  • Os concelleiros Gonzalo Muíños, Mercedes Rosón, Mila Castro e Marta Álvarez reafirman o seu compromiso con Santiago de Compostela, co electorado socialista que respaldou a súa candidatura en 2023 e co programa electoral presentado.

    Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
    Unirse →

    Seguiremos actuando con responsabilidade, lealdade e coherencia, porque somos socialistas, pero sobre todo, veciñas e veciños desta cidade».

    Compartir

    Síguenos en redes

    FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

    Últimas noticias

    • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

    • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

    • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

    • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

    • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

    Suscríbete

    Recibe las noticias en tu correo.