ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaPolítica

Comezan as obras para dotar a Bertamiráns cunha nova área de autocaravanas

O alcalde e concelleiro de Turismo, Blas García, explica que “a creación da nova zona de autocaravanas permítenos trasladar a que temos agora na rúa das Pesqueiras, que ten dificultades de acceso e un espazo moi limitado”

Líder Redacción

Líder Redacción

19 de septiembre de 2025 a las 19:04

Compartir

Tamén asegurou que, grazas á axuda da Deputación “teremos dúas áreas, xunto coa do Milladoiro, e poderemos dar servizo ás persoas amantes de utilizar estes vehículos para viaxar e que pasan polo noso concello, nunha aposta clara pola promoción do turismo, e sobre todo do turismo de interior e comprometido co medio ambiente”

Ames, 19 de setembro de 2025.- A localidade de Bertamiráns pronto contará cunha nova área de autocaravanas. Esta semana comezaron as obras por parte da empresa CONSCYC 2020 SL para crear esta nova área dedicada aos/ás autocaravanistas. O contrato foi adxudicado por un importe de 68.437 euros (IVE incluído). Para executar este proxecto asinouse previamente un convenio coa Deputación da Coruña, a través do cal a entidade provincial sufragará o 80% das obras, mentres que o Concello de Ames achegará o 20% restante. Dita área que estará situada no lugar das Pateiras e disporá de espazo para 15 aparcamentos de autocaravanas, unha delas será adaptada para persoas con mobilidade reducida.

O Concello de Ames, a través do departamento de Turismo, considera importante apostar polo turismo de autocaravana, unha modalidade de turismo emerxente e comprometido co medio ambiente. Este tipo de turismo aporta un gran valor para os municipios polos beneficios económicos que achega, incidindo de xeito positivo nas estadías no municipio e na repercusión na hostalaría e no comercio local.

O proxecto recolle a creación dunha nova área con 15 prazas de estacionamento cunhas dimensións de 7,5 por 3,5 metros para autocaravanas e cos correspondentes servizos de recollida de augas fecais e servizo de auga potable. Unhas das prazas terá a consideración de adaptada ao ter unhas dimensións maiores de 7,5 por 4 metros e dispor dun espazo lateral adicional de 1,5 por 7,5 metros para as persoa con mobilidade reducida. Ademais, dotarase a dito espazo de alumeado público. En dita área disporase de toma de auga para encher o depósito de augas limpas e dunha reixa para baleirar as augas grises e negras dos vehículos.

O alcalde e concelleiro de Turismo, Blas García, explica que “a creación da nova zona de autocaravanas permítenos trasladar a que temos agora na rúa das Pesqueiras, que ten dificultades de acceso e un espazo moi limitado”. Tamén asegurou que, grazas á axuda da Deputación “teremos dúas áreas, xunto coa do Milladoiro, e poderemos dar servizo ás persoas amantes de utilizar estes vehículos para viaxar e que pasan polo noso concello, nunha aposta clara pola promoción do turismo, e sobre todo do turismo de interior e comprometido co medio ambiente”.

Ames, primeiro concello galego con dúas área de autocaravanas

Ames foi o segundo concello galego, despois de Tui, en crear as súas áreas de autocaravanas, e o primeiro en toda Galicia en dispor de dous espazos destinados a estes vehículos. Ditas áreas foron creadas no ano 2004.

Na actualidade, a área de autocaravanas de Bertamiráns está situada no aparcamento da rúa Pesqueiras, que está en fronte ao supermercado Carrefour. Dende hai tempo o Goberno municipal quere cambiar a localización desta área de autocaravanas a outro lugar, que finalmente será o lugar das Pateiras. Deste xeito, haberá dúas áreas específicas de autocaravanas, xa que dende 2019 a área de autocaravanas do Milladoiro atópase situada na rúa Buxo, ao carón do anfiteatro do Milladoiro.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

 

Etiquetas

amesautocaravanasbertamirans
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística
Deportes

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán
Deportes

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán

A VII Festa do Apego será o 6 de xuño no Pazo da Peregrina: consulta a programación
Comarca

A VII Festa do Apego será o 6 de xuño no Pazo da Peregrina: consulta a programación