ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Destacado

Comezan as obras da nova depuradora de Urdilde que hoxe visitou o alcalde

Líder Redacción

Líder Redacción

24 de noviembre de 2023 a las 13:33

Compartir
  • Ramón Tojo e Mercedes Basante estiveron conversando con membros da empresa Proyecon Galicia, que executa as obras
  • A Xunta adxudicou en 819.030 euros as obras, que teñen un prazo de execución de oito meses

Rois. 24-11-2023.- O alcalde de Rois, Ramón Tojo, e a tenente de alcalde, Mercedes Basante, visitaron esta mañá a zona de Urdilde onde xa se comezaron a executar as obras da nova estación depuradora, que dende onte executa Proyecon Galicia. A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade adxudicou o pasado mes de xuño en 819.030 euros a construción da nova depuradora de augas residuais, que dará servicio ao núcleo da Calle e de Macedos. O prazo de execución dos traballos é de oito meses

Membros da empresa construtora explicáronlle as autoridades municipais as actuacións que comezaron onte, para construír un camiño de acceso ata o lugar no que se van executar as obras. A previsión é que Urdilde poida contar no vindeiro verán coa nova depuradora, para arranxar as deficiencias do sistema de depuración neste núcleo que o alcalde trasladara en varias ocasión ao goberno autonómico.

Ramón Tojo e Mercedes Basante estiveron acompañados polo ex tenente de alcalde Manuel dos Santos e polo propietario da finca sobre a que se está a construír o acceso á nova depuradora.

As obras consisten na execución dunha nova estación de tratamento de augas residuais con sistema de depuración por biodiscos e o desmantelamento da depuradora actual de Urdilde, que se manterá en funcionamento ata a entrada en servizo da nova infraestrutura.

O novo sistema estará dotado de arqueta de chegada, by-pass xeral, desbaste mediante dobre canle, pretratamento mediante tanque Imhoff, con zona de decantación e zona de dixestión, tratamento biolóxico e medida de caudal de auga tratada.

Ademais, executaranse 519 metros de colector desde a estación actual ata a arqueta de entrada da futura depuradora, e disporase de 61 metros de colector desde a arqueta de saída ata o punto de vertido. Tamén se acondicionará o acceso á nova depuradora.

A nova depuradora de Urdilde non só terá capacidade para tratar as augas de 546 habitantes equivalentes do núcleo urbano da Calle e de Macedos, senón que estará dimensionada para a conexión futura de toda a parroquia á rede de saneamento.

Estas actuacións enmárcase no convenio de colaboración asinado co Concello de Rois, polo que a Xunta achegará o 80% do investimento e executará as obras; e a administración local financiará o 20% restante e asumirá as xestións para posibilitar os traballos, a recepción, mantemento e conservación da infraestrutura hidráulica unha vez realizada a obra.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

As obras contan coa financiación da Unión Europea, no marco do eixe REACT UE do programa operativo FEDER Galicia 2014-2020, como parte da resposta da Unión á pandemia da covid-19.

Etiquetas

depuradoraobrasrois
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

La Guardia Civil interviene cientos de dosis de heroína y miles de marihuana en Rois
Actualidad

La Guardia Civil interviene cientos de dosis de heroína y miles de marihuana en Rois

Padrón, Rois e Dodro súmanse á campaña ‘Merca no teu Comercio’
Comarca

Padrón, Rois e Dodro súmanse á campaña ‘Merca no teu Comercio’

A veciñanza maior de Rois goza dunha viaxe a Mallorca
Comarca

A veciñanza maior de Rois goza dunha viaxe a Mallorca

O Pino reordena o tráfico no Pedrouzo polo inicio das obras de humanización
Comarca

O Pino reordena o tráfico no Pedrouzo polo inicio das obras de humanización