ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadComarcaEducación

Comeza o programa de reforzo educativo para o alumnado dos institutos do Milladoiro e Bertamiráns

 

Líder Redacción

Líder Redacción

14 de febrero de 2024 a las 19:33

Compartir

 

 

Esta iniciativa, dirixida a rapaces e rapazas de 1º e 2º da ESO, estase a desenvolver os luns e mércores no Milladoiro, e os martes e xoves en Bertamiráns, en horario de 16:30 a 19:45 horas

No programa poden participar ata 40 mozos e mozas matriculados en 1º ou 2º da ESO, a etapa na que máis se demanda este apoio á formación

Os propios departamentos de orientación dos IES de Ames e do IES do Milladoiro son os encargados de derivar aos alumnos e alumnas que polas súas circunstancias sexan candidatos a participar e sacar o máximo proveito da iniciativa.

Ames, 14 de febreiro de 2024.- A Concellería de Mocidade, a través do departamento de Xuventude, organiza unha nova edición do programa de reforzo educativo para o alumnado dos institutos do Concello de Ames. Esta iniciativa, dirixida a rapaces e rapazas de 1º e 2º da ESO, estase a desenvolver os luns e mércores no Milladoiro, e os martes e xoves en Bertamiráns, en horario de 16:30 a 19:45 horas.

A actividade de reforzo educativo impulsada polo departamento de Xuventude comezou o pasado luns 22 de xaneiro na Casa da Cultura do Milladoiro para a rapazada do IES do Milladoiro, mentres que o alumnado do IES de Ames iniciou as clases o martes 23 de xaneiro, na Casa da Cultura de Bertamiráns. Impartiranse un total de seis horas de clases de apoio para o alumnado de cada centro educativo, polo que serán un total de doce horas á semana. No programa poden participar ata 40 mozos e mozas matriculados en 1º ou 2º da ESO, a etapa na que máis se demanda este apoio á formación.

Metodoloxía de traballo

Durante estas horas de reforzo, o alumnado está dividido por cursos e áreas formativas. A metodoloxía do programa consiste en traballar a comprensión das ideas adquiridas na clase a través da práctica do temario xa impartido. Deste xeito, o alumnado reforza as lagoas de coñecemento, repasando contidos concretos que xa foron explicados nas aulas.

Ademais, facilítase a recuperación de destrezas instrumentais básicas que dificultan ou mesmo imposibilitan aos estudantes atender o desenvolvemento ordinario das clases nos institutos. Os propios departamentos de orientación dos IES de Ames e do IES do Milladoiro son os encargados de derivar aos alumnos e alumnas que polas súas circunstancias sexan candidatos a participar e sacar o máximo proveito da iniciativa.

O programa, que xa leva máis dunha década en marcha, xorde da colaboración entre os centros educativos de secundaria e o Concello de Ames. Desta maneira, cada ano, entre os meses de xaneiro e xuño, os departamentos de orientación educativa dos institutos e o departamento municipal de Xuventude contactan e colaboran para poñer a disposición dos rapaces e rapazas que o necesiten esta ferramenta.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

A concelleira de Mocidade, Carmen Porto, destaca que “desde Xuventude somos conscientes da importancia de acompañar aos e ás estudantes no paso da educación primaria á secundaria. É fundamental establecer, ao longo desta etapa de adaptación, uns hábitos de traballo, un seguimento e un ritmo diario nos estudos, procurando ademais prever situacións relacionadas co fracaso ou o abandono escolar”.

Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.