ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadSociedad

Comeza a fase de votación nos Orzamentos Participativos da Concellaría de Xuventude

Os mozos e mozas de Santiago xa poden elixir desde hoxe o destino de 100.000 euros do presuposto da Concellaría de Xuventude, no marco dos Orzamentos Participativos.

Líder Redacción

Líder Redacción

16 de febrero de 2026 a las 20:50

Compartir

A concelleira María Rozas deu conta do inicio da fase de votación das propostas, que se prolongará ata o próximo 16 de marzo a través da web decide.santiagodecompostela.gal.

Na fase de votación dos Orzamentos Participativos poden participar os mozos e mozas nacidos entre 1996 e 2010, que estean empadroadas, estuden ou traballen en Compostela. Durante a fase de presentación de propostas recibíronse un total de 275, 31 máis que o ano pasado. Delas foron validadas 201, fronte ás 150 de 2025, e unha vez agrupadas as propostas similares sométense a votación 116 propostas, 13 máis que en 2025. A concelleira María Rozas salientou o incremento do número de achegas “e sobre todo de iniciativas que cumpren todos os requisitos dos Orzamentos Participativos, o que indica un maior coñecemento sobre este proceso que impulsamos por terceiro ano consecutivo”.

Áreas temáticas

A tenenta de alcaldesa tamén puxo en valor “a calidade e a variedade das propostas achegadas polos mozos e mozas, que volven demostrar que temos unha xuventude diversa, cun amplo abano de intereses, e con magníficas ideas que paga a pena desenvolver”. Nese sentido, María Rozas incidiu en que “ainda que as partidas consignadas para os Orzamentos Participativos non permiten executar todas as propostas achegadas, o departamento de Mocidade sempre toma boa nota das suxestións e moitas delas acaban sendo impulsadas dentro da programación da Concellaría á marxe deste proceso”.

Nesta ocasión, as áreas temáticas con máis propostas recibidas foron as da música, o deporte e a gastronomía. Tamén hai achegas relacionadas coa cultura, o sector audiovisual, os animais, o medio ambiente, a igualdade, a ciencia e a tecnoloxía, ou o emprendemento e o emprego.

Entre as propostas concretas, repítense algunhas das máis votadas en procesos anteriores como o cine ao aire libre, as actividades relacionadas coa cultura urbana, concertos de artistas emerxentes, torneos deportivos, ou eventos para promover a adopción de animais. Aparecen tamén numerosas iniciativas novidosas, como unha acampada astronómica, un evento sobre xantares do mundo, un karaoke, un festival de artistas drag, charlas formativas sobre economía ou inguaxe administrativa, encontros interxeracionais, ou cursos para aprender tarefas básicas da vida cotiá como coser, executar reparacións, xestionar ingresos e aforros ou facer a declaración da renda.

Durante a fase de presentación de propostas, o departamento de Mocidade impulsou diferentes encontros en centros educativos para explicar o proceso dos Orzamentos Participativos. Foron un total de 44 encontros, nos que participaron máis de mil persoas mozas.

Procedemento da votación

Para poder votar nos Orzamentos Participativos requírese estar empadroada, estudando ou traballando en Santiago, e ese vínculo debe ser acreditado a través dun documento oficial (nómina ou contrato laboral, tarxeta ou matrícula estudantil, contrato de arrendamento…).

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Cada persoa poderá votar unha única vez, e dentro de cada formulario deberá escoller tres propostas, outorgándolles un, dous ou tres puntos segundo o grao de preferencia. O departamento de Mocidade executará as propostas máis puntuadas, ata completar o orzamento de 100.000 euros asignado aos Orzamentos Participativos.

Etiquetas

orzamentos participativospoliticaSantiago de Compostelaxuventude
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

«Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino
Deportes

«Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

Dos peregrinas heridas de gravedad tras un accidente de tráfico en Santiago
Destacado

Dos peregrinas heridas de gravedad tras un accidente de tráfico en Santiago

Camela hará vibrar Santiago con un recorrido por más de tres décadas de éxitos
Arte y Cultura

Camela hará vibrar Santiago con un recorrido por más de tres décadas de éxitos

Detida unha persoa por unha agresión cunha botella no casco histórico de Santiago
Destacado

Detida unha persoa por unha agresión cunha botella no casco histórico de Santiago