ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadSociedad

Comeza a escola de futuros gandeiros en Lalín

Líder Redacción

Líder Redacción

26 de julio de 2024 a las 18:01

Compartir
  • A escola patrocinada por CLUN abriu as súas portas para recibir a familiares e acompañantes da trintena de futuros gandeiros
  •  A escola é organizada polo Club de Xóvenes Gandeiros e Fefriga e celébrase na Finca Mouriscade, Lalín.

Ames. 26 de xullo de 2024. A cuarta edición da Escola de Iniciación de Futur@s Gandeir@s, patrocinada pola cooperativa rural galega CLUN e a Deputación de Pontevedra, da man de FEFRIGA (Federación de Frisona de Galicia), iniciouse hoxe na Finca Mouriscade en Lalín. Unha edición máis, esta iniciativa colgou o cartel de cheo. Durante cinco días, estes rapaces non só se formarán en coñecementos prácticos de gandería senón que tamén entrarán en contacto con outros xóvenes coas mesmas inquedanzas.

Trátase de mozos e mozas de entre 11 e 23 anos, procedentes de toda Galicia. Nesta ocasión, moitos deles son fillos e fillas de gandeiros que queren seguir coa tradición familiar e apostan polo rural galego. Como explica Jéssica Rey, directora de Marketing e Comunicación de CLUN: “os nenos e nenas desta quenda xa coñecen este sector, en maior ou menor medida, e saben ao que veñen”.

Esta actividade, organizada por FEFRIA e polo Club de Xóvenes Gandeiros, consistirá nun curso intensivo de cinco días no que os participantes, dende as 7:00 ata as 22:00 horas, vivirán en primeira persoa todo o referente a coñecementos prácticos e esenciais para o coidado e manexo de animais, como poden ser clases de morfoloxía, alimentación, pelado animal… Unha experiencia que aínda poderán experimentar outros trinta rapaces na quinta edición, que terá lugar do 19 a 23 de agosto.

Inauguración do curso

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Esta apertura da Escola de Iniciación de Futur@s Gandeir@s resultou moi emotiva na Finca Mouriscade, onde se xuntaron familiares e acompañantes dos participantes e autoridades. Non faltaron a esta inauguración a directora de Marketing e Comunicación de CLUN, Jessica Rey; o presidente de FEFRIGA, Manuel Sandomil; e o deputado provincial Javier Tourís. Todos quixeron compartir este momento cos participantes.

Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.