ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadDestacadoNoticia LíderSociedad

Chega a Gran Recollida de Alimentos: máis de 8.000 persoas precisan axuda na área de Santiago

Líder Redacción

Líder Redacción

5 de noviembre de 2025 a las 19:17

Compartir
  • O Banco de Alimentos busca persoas voluntarias para a campaña do 7 e 8 de novembro. Carmen López lembra que “cando hai unha persoa voluntaria na porta, multiplícanse as doazóns.”

A poucos días da celebración da Gran Recollida de Alimentos 2025, o Banco de Alimentos de Galicia lanza un chamamento á cidadanía para colaborar nesta gran campaña solidaria que se desenvolverá os días 7 e 8 de novembro en toda España. Durante esa fin de semana, milleiros de persoas voluntarias estarán presentes nos principais supermercados para informar e animar á xente a participar.

En Radio Líder Santiago falamos con Carmen López, voluntaria do Banco de Alimentos en Galicia, quen explicou que o éxito da recollida depende en boa medida da presenza de persoas voluntarias nos establecementos. “Está demostrado que cando hai unha persoa voluntaria na porta, multiplícanse as doazóns. Non é o mesmo ver un carro que ver alguén que te lembra que podes axudar”, sinalou.

Nesta edición, o Banco de Alimentos busca cubrir todos os puntos de recollida e precisa entre 100 e 150 persoas voluntarias máis nas zonas de Santiago e Barbanza. Carmen López anima especialmente á xente nova a participar: “É unha experiencia moi gratificante. Interactúas coa xente, compartes momentos e vas para casa sabendo que o teu tempo serviu para axudar”, asegurou. As persoas interesadas poden inscribirse chamando ao 604 00 12 06 ou escribindo a voluntarios@balrial.org, desde onde se lles asignará o supermercado máis próximo á súa residencia.

A Gran Recollida desenvolverase nas principais cadeas de alimentación —Gadis, Eroski, Familia, Mercadona, El Corte Inglés, Supercor, Hipercor, Carrefour, Alcampo, Froiz e Lidl—, e ofrecerá dúas vías de colaboración:

  • Doazóns económicas en liña de caixa, destinadas á compra de alimentos segundo as necesidades de cada momento.

  • Doazóns físicas de produtos non perecedeiros, que se poderán deixar nos espazos habilitados.

Segundo explicou López, os almacéns están “moi necesitados” e fan falta todo tipo de produtos básicos, especialmente alimentación e artigos de hixiene infantil. “Todo suma: un paquete de galletas, unha lata ou un turrón tamén axudan”, destacou.

A súa historia como voluntaria comezou hai uns oito anos, a través da asociación de maiores de Telefónica, onde traballara. “Empecei colaborando no voluntariado da empresa e un día coñecín o Banco de Alimentos. Cando ves as necesidades e a gratitude da xente, daste conta de que isto non ten prezo”, relatou. Desde entón, participa activamente nas campañas, convencida de que cada pequena acción marca a diferenza: “Ao final, cada doazón é unha forma de compartir felicidade con quen máis o precisa.”

Na área de Santiago, o Banco de Alimentos atende a máis de 8.000 persoas beneficiarias, a través de entidades colaboradoras como Cáritas, parroquias e concellos. “A xente pode confiar plenamente. Nós non repartimos directamente, son as entidades sociais as que coñecen quen precisa axuda. Todo chega a quen o necesita”, subliñou.

A campaña deste ano, baixo o lema “Damos moito máis que alimentos: damos dignidade e futuro”, pretende reunir o equivalente a 10 millóns de quilos de alimentos en todo o país.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Etiquetas

BALRIALBanco de AlimentosBanco de Alimentos GaliciaCarmen López GómezGran Recogida de AlimentosVoluntariado Banco de Alimentos Galicia
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Verea sobre a financiación do Banco de Alimentos: “Na Coruña achegan 50.000 € e en Santiago non chega nin aos 5.000”
Actualidad

Verea sobre a financiación do Banco de Alimentos: “Na Coruña achegan 50.000 € e en Santiago non chega nin aos 5.000”