ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

DestacadoNoticia Líder

«Chapuza» en vivenda e «colapso» na xestión: a dura diagnose de Verea sobre o goberno compostelán

Líder Redacción

Líder Redacción

11 de julio de 2025 a las 23:48

Compartir
  • O presidente do PP compostelán propón unha alternativa “seria, ambiciosa e equilibrada” fronte a un executivo local ao que acusa de parálise, improvisación e falta de proxectos estratéxicos para a cidade.

Redacción, 11 de xullo de 2025.- O líder dos populares de Santiago, Borja Verea, participou este xoves nunha entrevista en Radio Líder onde fixo unha análise exhaustiva da actualidade municipal. Dende a política de vivenda ata a contratación pública, pasando pola praza de abastos, os servizos básicos e mesmo as festas do Apóstolo, Verea dedicou boa parte da conversa a criticar con dureza a xestión do goberno local formado por BNG e Compostela Aberta.

“Temos unha cidade con moita enerxía, con moitas ganas, pero levamos anos cun motor gripado. Este goberno está a frear o futuro de Santiago”, advertiu Verea, que se presentou como unha alternativa sólida e traballadora para 2027.

“Zona tensionada”: “Unha chapuza inaceptable”

O punto de partida da entrevista foi a proposta do goberno municipal de declarar Santiago como zona tensionada para poder intervir no mercado de alugueiro. A proposta, con todo, foi rexeitada pola Xunta debido á falta de rigor nos datos achegados.

“O informe é unha auténtica chapuza. Nin usaron datos oficiais: sacaron os datos de webs inmobiliarias. Iso non é serio para unha medida estrela”, denunciou Verea.

Fronte á iniciativa do goberno de esquerda, o portavoz popular asegurou que declarar Santiago como zona tensionada “non só non resolverá o problema, senón que o empeorará” ao provocar a retirada de vivenda do mercado de alugueiro.

“A xente deixará os pisos baleiros por medo á inseguridade, aos impagos ou aos límites de prezo. O resultado será menos pisos e prezos máis altos noutros barrios.”

Como alternativa, propuxo un plan municipal baseado en tres piares:

  1. Construír máis vivenda: “Santiago ten solo suficiente, ao contrario que cidades como A Coruña”.

  • Mobilizar vivendas baleiras: “Sen obrigar a ninguén, senón ofrecendo garantías e incentivos”.

  • Crear unha bolsa pública de alugueiro: “O Concello podería actuar como intermediario e garantir o cobro aos propietarios”.

  • “Non hai goberno, só administración”

    Outro dos puntos máis críticos da entrevista foi a situación da xestión municipal, especialmente no que atinxe ás contratacións públicas: limpeza, buses, praza de abastos, subministración de auga… Para Verea, a situación é alarmante: “Non hai goberno, hai funcionarios que manteñen a administración. Pero non hai nin unha soa medida transformadora. É un goberno finiquitado e colapsado.”

    Acusou ao executivo local de non ser quen de activar nin sequera medidas consensuadas como a municipalización do aparcadoiro da Praza de Galicia, que “baixaría os prezos e melloraría a mobilidade”.

    “Fixeron unha comisión que só se reuniu unha vez. Mentres tanto, os cidadáns seguen pagando máis do necesario por aparcar.”

    A praza de abastos e os servizos básicos, “camiño do naufraxio”

    A praza de abastos, símbolo da vida comercial de Santiago, foi outro dos temas centrais. Verea alertou da súa degradación progresiva, da perda de postos ocupados e da falta de atractivo para os veciños: “Os xoves e sábados xa son un deserto. Sen aparcadoiro nin facilidades, a xente maior non pode ir mercar. Queren convertela nun museo.”

    Sobre o contrato da auga, denunciou a “boa vontade” da empresa concesionaria que segue ofrecendo servizo malia que non hai licitación vixente. E nos autobuses urbanos, sinalou unha irregularidade “gravísima” ao contratar servizos sen concurso por 3 millóns de euros: “Os alugueres a dedo sen límite de tempo están xerando facturas millonarias. E agora din que é culpa nosa que non se paguen. Pois que falen cos que a fixeron alcaldesa.”

    Ollando a 2027: “Se falta un voto, volverán a pactar”

    Verea mostrouse convencido de que, se o PP se queda a un voto da maioría absoluta nas eleccións municipais de 2027, “os tres partidos da esquerda volverán pactar para manter o poder”: “Compostela Aberta, BNG e PSOE forman un tripartito consolidado. Pelexan por fóra, pero apóianse para gobernar.”

    Reivindicou o resultado de 2023, onde o PP conseguiu 11 concelleiros, rozando a maioría absoluta “contra todo prognóstico”: “Temos unha maioría social, agora traballamos por conseguir esa maioría legal que a cidade necesita.”

    Festas do Apóstolo: “Fáltalles ambición e equilibrio”

    A entrevista rematou abordando as Festas do Apóstolo 2025, cuxa programación se anunciou con escasa antelación. Verea evitou criticar o cartel, pero apostou por cambiar o enfoque: “Defendemos o noso, a nosa cultura, os nosos artistas. Pero tamén hai que traer eventos de proxección, con ambición. Santiago merece situarse no mapa.” Lembrou que a maior parte dos grandes eventos musicais da cidade “veñen da man da Xunta e non do Concello”.

    Borja Verea mostrouse como unha figura con discurso, propostas e alternativas claras, ao tempo que lanzou unha ofensiva contundente contra o goberno local. A entrevista deixa entrever que o PP compostelán xa pensa no 2027, coa intención de consolidar unha maioría suficiente para gobernar en solitario.

    “Temos un deber: mostrar que hai outro camiño, outra cidade posible. Santiago necesita desbloquear o seu potencial.”

    Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
    Unirse →

    Etiquetas

    borja vereapartido popularpoliticaSantiago de Compostela
    Compartir

    Síguenos en redes

    FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

    Últimas noticias

    • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

    • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

    • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

    • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

    • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

    Suscríbete

    Recibe las noticias en tu correo.

    Te puede interesar

    «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino
    Deportes

    «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

    Dos peregrinas heridas de gravedad tras un accidente de tráfico en Santiago
    Destacado

    Dos peregrinas heridas de gravedad tras un accidente de tráfico en Santiago

    Camela hará vibrar Santiago con un recorrido por más de tres décadas de éxitos
    Arte y Cultura

    Camela hará vibrar Santiago con un recorrido por más de tres décadas de éxitos

    Detida unha persoa por unha agresión cunha botella no casco histórico de Santiago
    Destacado

    Detida unha persoa por unha agresión cunha botella no casco histórico de Santiago