ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Arte y CulturaComarcaPolítica

Caramuxo Teatro actuará este sábado en Arzúa dentro dos Sábados en familia

Arzúa, 15 de outubro de 2025. O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa organiza para este sábado a segunda actuación encadrada no programa Sábados en familia incluído na programación cultural Outono a escena pensada para dinamizar as fins de semana dos meses de outubro e novembro con actuacións de artes escénicas e musicais para todos os públicos.

Líder Redacción

Líder Redacción

15 de octubre de 2025 a las 11:58

Compartir

O certame ofrece este sábado, 18 de outubro, unha proposta para público infantil e familiar a partir dos 4 anos co espectáculo A nena que vivía nunha caixa de mistos da compañía Caramuxo Teatro.

Trátase dun espectáculo inspirado no conto de A vendedora de mistos de Andersen. Unha peza cunha linguaxe contemporánea que aborda a pobreza infantil e a orfandade cunha mensaxe positiva sobre o poder do cambio. Unha proposta de teatro de actriz e monicreques case sen palabras que recorda ás películas clásicas en branco e negro. O espectáculo conta con música en directo e é a terceira pata da compañía sobre contos populares que empezou con As fabas máxicas, continuou con Feo (Premio María Casares a Mellor Espectáculo Infantil) e remata con esta peza.

A función terá lugar ás 18:00 h. na Capela da Madanela e a entrada será libre e de balde ata completar a capacidade.

O Concelleiro de Cultura, José Luís García anima “a todas as familias a participar neste espectáculo para achegar ás nenas e aos nenos á cultura” tendo en conta, ademais, segundo salienta o concelleiro que “se está facendo un importante esforzo na programación de actividades dirixidas a público infantil e familiar, como o demostra que sete dos trece espectáculos do programa de outono son dirixidos especialmente a este tipo de público”.

Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.