ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadComarca

Campaña de recollida de excrementos en Ames con sancións de entre 500 e 10.000 euros

Líder Redacción

Líder Redacción

3 de junio de 2024 a las 14:09

Compartir

“NON é culpable” é o motivo escollido pola Concellaría de Xestión do Medio Rural amesá para unha nova campaña de sensibilización, que chega ante as numerosas queixas recibidas sobre as molestias causadas polos excrementos de cans. O abandono de excrementos na rúa e nas zonas verdes supón un risco para a saúde pública, provoca contaminación visual, olfactiva e acuática, e dificulta as tarefas de limpeza municipais. A campaña difundirase por redes sociais, colocaranse carteis en zonas de lecer e parques, e colaborarase coa Policía Local para que reforce a vixilancia neste eido, podendo aplicar sancións dos 500 aos 10.000 euros.

Con esta iniciativa, o Concello de Ames, a través do departamento de Medio Ambiente, busca chamar a atención ás persoas propietarias de mascotas, en especial cans, para que sexan conscientes do impacto que xeran os excrementos abandonados nas vías públicas, tanto nas relacións entre a veciñanza e os donos e donas de cans como na calidade de vida no concello.

A posta en marcha desta campaña de sensibilización ven acompañada dun reforzo da colaboración coa Policía Local amesá, que reforzará a súa vixilancia neste eido,  podendo aplicar sancións dos 500 aos 10.000 euros

O concelleiro de Xestión de Medio Rural, Javier Antelo, explica que esta campaña “xorde a partir das reiteradas denuncias que recibimos por parte da veciñanza de Bertamiráns e do Milladoiro, así como dalgunhas urbanizacións, dos problemas que supoñen os excrementos nas zonas públicas”. Deste xeito, desde a súa Concellería impulsase esta campaña para “poñer o foco nos propietarios de animais que actúan de xeito incívico que, aínda que son poucos, provocan numerosas molestias entre a veciñanza e nos espazos públicos”.

“NON é culpable”

O abandono de excrementos nos espazos públicos ten consecuencias moito máis amplas do que pode aparentar, xa que non realizar este pequeno xesto de civismo pode afectar á saúde pública, xerar contaminación e dar lugar a problemas hixiénicos e de seguridade.

Falsas crenzas como pensar que as dexeccións das mascotas poden servir como abono para os espazos verdes converten estas zonas en focos de insalubridade, xa que unha boa parte das enfermidades dos animais domésticos se transmiten polas feces, e desta maneira as persoas quedamos expostas a estes riscos, en especial a cativada, que é a que máis frecuenta estes recintos de ocio.

Os excrementos tamén contaminan as nosas vías, espazos públicos e ecosistemas. Ademais da evidente contaminación visual e olfactiva que causan nos núcleos urbanos, as feces xeran problemas de contaminación acuática, ao entraren en contacto con parte das nosas reservas de auga naturais subterráneas, os acuíferos. Estes problemas de hixiene e de saúde pública súmanse ao risco que poden supoñer ter nas vías públicas as dexeccións de mascotas, que poden causar escorregóns e que dificultan as labores das traballadoras e traballadores dos servizos de limpeza.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Así mesmo, o Concello de Ames recorda que a tenza de animais de compañía debe realizarse de maneira responsable, tendo en conta en todo o momento que as mascotas son seres vivos, e que necesitan de certos coidados e dun compromiso firme que os seus donos e donas deben estar dispostos a asumir.

Etiquetas

amescomarcaexcremetosmedioambienteradio lider santiago
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística
Deportes

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán
Deportes

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego
Actualidad

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego