ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadComarca

Bugallido homenaxea a Begoña Caamaño no inicio dunha fin de semana chea de cultura

– O acto central contou coas lembranzas de Ana Romaní, Andrea Nunes e Guadi Galego, xunto co apoio de autoridades locais e académicas.
– A programación continúa este sábado coa III Carballeira das Letras e o domingo co San Isidro.

Líder Redacción

Líder Redacción

16 de mayo de 2026 a las 13:25

Compartir

Bugallido, 16 de maio de 2026. A parroquia de Bugallido (Ames) acolleu este venres á tardiña unha cumprida homenaxe á xornalista e escritora Begoña Caamaño. O acto lembrou a súa faciana máis humana: a nena lectora que se converteu nunha muller alegre, boa persoa, gran amiga e profesional comprometida cunha Galicia libre, a igualdade e o futuro do idioma.

O tributo tivo momentos moi emotivos cos testemuños de tres das súas grandes amigas: Ana Romaní compartiu recordos da súa convivencia e profesión; Andrea Nunes recitou un poema creado polo décimo cabodano do seu pasamento; e Guadi Galego ofreceu unha actuación ao piano, confesando que Begoña é a musa de todas as súas cancións e a razón pola que hoxe compón para todas as mulleres.

Respaldo institucional

O alcalde de Ames, Blas García, destacou o valor das actividades que as asociacións de Bugallido organizan todo o ano, afirmando que “axudan a situar Ames como un referente cultural”. Pola súa parte, Natividade González, deputada de Cultura da Coruña, gabou unha programación “tan extensa, intensa e de alta calidade”, algo pouco habitual en entidades locais. Para pechar, Henrique Monteagudo, presidente da Academia, reflexionou sobre a importancia de dedicar este día a mulleres novas, feministas e comprometidas, sinalando que estas causas e o idioma son cuestións de todos que “nunca deben pasar de moda”.

Fin de semana de celebracións

A organización agradeceu a asistencia do público e lembrou que a programación continúa coas seguintes actividades:

  • Sábado (III Carballeira das Letras): Espectáculo infantil con Vero Rilo e Luis Iglesias, sesión vermú con Los Jinetes del Trópico, foliada coas escolas de música tradicional de Bugallido, teatro improvisado co Colectivo do Flow e fin de festa con Tiruleque.
  • Domingo (San Isidro): Degustación de callos e empanada, baile tradicional coas escolas locais, charanga Santa Compaña e o concerto único da Orquestra Folk de Galicia, Son de Seu.

Noticia relacionada:

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

https://admin.vive.gal/musica-tradicion-e-identidade-bugallido-preparase-para-tres-dias-de-festa-sen-descanso/

Etiquetas

amesbugallidocarballeira das letras
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística
Deportes

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán
Deportes

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán

A VII Festa do Apego será o 6 de xuño no Pazo da Peregrina: consulta a programación
Comarca

A VII Festa do Apego será o 6 de xuño no Pazo da Peregrina: consulta a programación