ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadComarca

Brión inviste 60.000 euros na mellora da estrada entre a rúa Gondar e o límite con Ames

 

Líder Redacción

Líder Redacción

1 de abril de 2024 a las 21:42

Compartir

 

 

1 de abril de 2024.- O Concello de Brión vén de rematar as obras de mellora da estrada entre a Rúa Gondar (Pedrouzos) e o límite con Ames, pasando polas aldeas de Brans de Abaixo e O Enxo. Uns traballos nos que investiu máis de 60.000 euros e que permitiu a mellora de case dous quilómetros de viario, dividido en dous treitos de 1.120 e 780 metros, respectivamente.

As obras incluíron a reparación das fochancas existentes neste viario, moi empregado xa que discorre paralelo á Carballeira de Santa Minia. No primeiro tramo de 780 metros, correspondentes á rúa Gondar, o Concello mellorou a capa de rodaxe con 5 centímetros de aglomerado en quente. Nos 1.120 metros restante, entre as localidades de Brans de Abaixo e o Enxo, procedeuse tamén a anchear o viario en 0,25 metros a cada lado, con 20 centímetros de zahorra e 15 centímetros de grava. Deste xeito, o tramo máis empregado (o correspondente á rúa Gondar) mantense nos 5,5 metros de ancho mentres que o resto do viario pasa dos 4 aos 4,5 metros de ancho.

Estas obras están incluídas nun dos proxectos do Plan de Obras e Servizos POS+2023, adxudicado por 169.480 euros á empresa Francisco Gómez y Cía SL. Un proxecto que inclúe tamén a mellora da capa de rodaxe dun camiño entre Aguiar e San Fins e doutro en Ralo, que suman máis de 4,5 quilómetros.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Con esta actuación, o Concello de Brión complementa os traballos de mellora da rede de saneamento e abastecemento de auga na rúa Gondar, executados hai un par de anos e que consistiron na construción dun novo tramo de canalización de PVC de 250 milímetros ao longo duns 350 metros de lonxitude para dar servizo a vivendas que aínda non dispoñían del.

Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.