ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Actualidad

Borja Verea esixe prazos para a implantación da taxa turística

– «Se a encargada da taxa fose a Xunta, teriamos ao BNG desde o 2 de xaneiro pedindo explicacións de por que non está implantada aínda, pero como a responsabilidade é deles non son quen nin de plantexar un cronograma”, destacou.

Líder Redacción

Líder Redacción

2 de marzo de 2025 a las 12:23

Imaxe de arquivo

Compartir

– O líder popular lamentou que non se fixera absolutamente nada, “que reunions de traballo fixeron cos operadores económicos e operadores sociais, cos sectores da cidade? Eu non coñezo ningunha reunión para tratar este tema, e tampouco coñecemos ningún borrador”, afirmou.

O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, esixe prazos para a implantación da taxa turística ante a ausencia de información do goberno local sobre cando estará operativa.

Verea preguntouse polo papel do goberno de Santiago na taxa turística, posto que “os únicos que fixeron algo a 1 de xaneiro de 2025 é o Partido Popular, co voto en contra, por certo, do BNG, e agora teñen a cara de dicir que en Santiago se vai implantar este canon grazas a eles e coa oposición do PP; deixen de enganar aos nosos veciños creando conflitos onde non os hai e póñanse a traballar dunha vez”. “Se a encargada da taxa fose a Xunta, teriamos ao BNG desde o 2 de xaneiro pedindo explicacións de por que non está implantada aínda, pero como a responsabilidade é deles non son quen nin de plantexar un cronograma”, destacou.

Así o tamén deputado autonómico lamentou que o goberno local “non fixese os deberes”, posto que o borrador de ordenanza tiña que estar traballado cando desde o verán pasado xa se sabía que ía haber esa habilitación legal a 1 de xaneiro e polo tanto “tiñan que estar eses borradores en formato de anteproxecto para poder traballar sobre eles”. Sen embargo, engadiu,” qué é o que fixeron eles? Absolutamente nada. Que reunions de traballo fixeron cos operadores económicos e operadores sociais, cos sectores da cidade? Eu non coñezo ningunha reunión para tratar este tema, e tampouco coñecemos ningún borrador”, afirmou.

Verea lamentou ademáis que os nacionalistas insistan en que a taxa a xestione outra administración. O BNG deixa claro que quere ser tutelado pola Xunta na xestión fiscal dos seus impostos; se gobernan a Xunta de Galicia tamén van querer que lle tutelen os impostos otras administracións?”. Para o líder popular debería ser o propio Concello quen xestione esta taxa que non deixa de ser na práctica un imposto municipal, por iso “se son alcalde de Santiago, quero xestionar os meus impostos, tamén os da taxa turística”.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

O popular esixiu ao BNG “que se poña a traballar xa e deixen de marear a perdiz coa taxa, posto que xa teñen todas as ferramentas legais para poñela en marcha”.

Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.