ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Actualidad

Borja Verea denuncia o «lamentable estado» da cidade e os barrios

·        Esta situación “é froito da incapacidade dun goberno tripartito que deixou pasar o tempo sen tomar medidas efectivas e cuxas consecuencias estamos sufrindo todos os composteláns, afirmou o líder popular.

Líder Redacción

Líder Redacción

16 de junio de 2025 a las 11:42

Compartir

·        Verea afirmou que “non podemos permitir que un patrimonio urbano e humano como Guadalupe se siga degradando pola falla de vontade política; é urxente actuar con decisión e compromiso”.

O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, segue a súa folla de ruta de visitar todos os barrios e parroquias composteláns para atender as demandas veciñais que o goberno local ignora.

E é que os composteláns viven cada día as consecuencias dun goberno descoordinado e sen rumbo, con barrios enteiros esquecidos, como Vidán, ou Meixonfrío; ou beirarrúas rotas por toda a cidade, desde Alfredo Brañas ata Fontiñas, pasando pola Avenida de Barcelona.  Verea destacou neste senso que o deterioro de Compostela arrastra un malestar veciñal xeralizado porque este estado de abandono supón un atentado contra a calidade de vida dos santiagueses e dana a imaxe da capital de Galicia. “Non se pode gobernar dándolle as costas á xente nin ignorando as súas necesidades máis básicas. Santiago precisa un cambio de rumbo urxente”, advertiu Verea.

Así, esta semana, acompañado dos concelleiros Olaya Otero e Adrián Villa, percorreu o barrio de Guadalupe xunto coa asociación de veciños, onde hai tempo que piden “que se lles faga caso en asuntos tan importantes e esenciais como a accesibilidade e a seguridade viaria”.

Para o popular “é evidente o desleixo do goberno nacionalista que mira cara a outro lado ante as deterioradas rúas, a falta de mantemento dos espazos públicos, a insuficiente limpeza ou a ausencia de inversións básicas         que levan anos prometendo pero que nunca chegan”. Así insistiu en que esta situación “é froito da incapacidade dun goberno tripartito que deixou pasar o tempo sen tomar medidas efectivas e cuxas consecuencias estamos sufrindo todos os composteláns.

Borja Verea explicou que “parece incrible que, na capital de Galicia, teñamos que seguir demandando cousas como a construción de beirarrúas e a falta de zonas de aparcamento en zonas tan céntricas”. “Estamos ante outro exemplo máis da preocupante paralización por parte deste goberno e a falla total de escoita cara as necesidades reais dos santiagueses, e -continuou- non podemos permitir que un patrimonio urbano e humano como Guadalupe se siga degradando pola falla de vontade política; é urxente actuar con decisión e compromiso”.

“Tras unha década, -lamentou Verea- teñen sumido nun total abandono a barrios emblemáticos da cidade, onde non atenden nin as demandas máis necesarias, polo que nos preguntamos ata onde pode chegar o desleixo do actual goberno local?”, concluíu o tamén deputado autonómico.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

 

Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.